20 de maio de 2015

OUBIÑA, TERRA NOBRE, A VINDEIRA PARADA DE SOMOS CAMBADOS.

OSCAR PAZ , de Oubiña
MAÑÁ XOVES AS 21 HORAS MITIN NO CENTRO CULTURAL DE OUBIÑA
SOMOS CAMBADOS celebrará mañá xoves ás 21.00 horas no centro cultural de Oubiña un mitin onde os candidatos abordarán as súas problemáticas, centradas na grave crise que está padecendo o sector agrario e a alta
taxa de desemprego. A asistencia aos actos celebrados ata agora nas parroquias e no mitin central, están superando as
expectativas máis optimistas. No último deles, o que tivo lugar o pasado martes en Vilariño, SOMOS CAMBADOS logrou reunir a 60 veciños. Esta extraordinaria acollida danos máis forza para conseguir liderar o cambio en Cambados.
Despois dos existosos mitins en Corvillón, Castrelo, e Vilariño, SOMOS CAMBADOS chega a Oubiña con condición de conquistar aos seus veciños politicamente.

Ningún comentario: