15 de maio de 2015

O PREMIO RAMÓN CABANILLAS PARA O MELLOR ESCRITOR SOBRE CABANILLAS: LUÍS REI

MERECIDÍSIMA HOMENAXE AO “MECO DE OURO”.
Ala por finais do 70 coñecín a un rapaz do Grove que se chamaba Ricardo, un gran rapaz que non facía mais que contarme chistes pero dos bos,  e que me agasallou sen pedirlla coa súa
amizade. En cada recreo ou momento que tiñamos libre estabamos xuntos, un día presentoume a un rapaz tamén con
forte acento meco e díxome este é meu irmán Luís. Eran os irmáns Rei Nuñez que estudaron comigo no instituto que hoxe leva o nome de Ramón Cabanillas. Circunstancias da vida Luís ficou a traballar en Cambados e  curiosamente o irmán Ricardo no volvín a ver aínda que sempre lle preguntaba a Luís por el. Decíamos que Luís
ficou na nosa vila como bibliotecario , despois dunha dura oposición por quenda libre, sen concurso de méritos nin gaitas desas, creo que se non lembro mal foron das últimas oposicións que se celebraron en Cambados. Luís  é un fenómeno en todos os sentidos ensaísta, historiador,
escritor, un home polifacético que nunca lle negou a axuda a ninguén, todos rapaces , nenos, e maiores,  temos un recordo del  de ser todo un cabaleiro, un cabaleiro deses que botamos de menos no Albariño. Estou seguro de que os libreiros querían honrar antes a Luís, pero circunstancias que agora non veñen ao caso tiveron que esperar a este ano.Luís
Rei foi quen de agasallar a todos os cambadeses cunha obra mestra sobre a vida e obra de noso mais egrexio escritor: Ramón Cabanillas. Esa “Crónica de desterros e Saudades”, entra por méritos propios na literatura galega. Luís vai ver o sábado o querido que é polo pobo de Cambados e polo do Grove, vai escoitar
como os seus amigos Emilio Insua e Antón Mascato van falar del o que senten, o que levan dentro sobre Luís as súas experiencias con el e de seguro o ben que o pasaron con él e que o seguiran pasando. Logo verá como o grupo de gaitas “Os Mecos de O Grove”, no que el participa
dalgún xeito lle adican unhas pezas, como Miguel Costas vai sentir o piano como nunca para que as notas  lle saiban a Luís a gloria, e vai escoitar  e ver como o mellor gaiteiro do mundo se pon os seus pes, Xaquín Xesteira un home que como Luís levan a Galicia no corazón.Os encargados de que este menú musical cultural nos saiba ben a todos son as librarías de Cambados , Ramón Cabanillas e Contos e colaboran neste perfecto guiso como “pinches” a  Asociación cultural Xironsa de Corvillón.  Seguro que van estar todos os grupos políticos sen excepción e de seguro non en plan compromiso como fan na maioría dos casos estes días senón por que senten moi preto a Luís.Espero Luís que goces o sábado solo a metade do  que gozaba eu co teu irmán Ricardo cando estaba con el no Instituto , entón vou saber que o pasaches impresionantemente ben. Por razóns persoais e familiares non podo estar contigo ese día é unha magoa pero non teño o don da ubicuidade. Recibe unha forte aperta "MECO DE OURO" deste que te quere e que te admira:
XAQUÍN CHARLIN “CHON”.



1 comentario:

marta dixo...

un pesar enterarse de la muerte de Luis, una buena persona, lo q de niños le haciamos pasar en la biblioteca y siempre nos tenia una enorme sonrisa, muchos recuerdos se agolpan, descansa en paz