19 de maio de 2015

O PREZO DA UVA DE VIÑO ALBARIÑO, PASOU DE 1,30 €NO 2006 A 1,00 € NO 2014

"SOMOS CAMBADOS" EXPLICAO HOXE NUN MITIN EN VILARIÑO, E OUTRAS CUESTIÓN XERAIS.
MAIS DE 400 DESCARGAS DO PROGRAMA DE SOMOS CAMBADOS NO FIN DE SEMANA.
SOMOS CAMBADOS celebrará o seu vindeiro mitin da campaña electoral este martes 19 de maio en Vilariño, onde,
cabe lembrar, a gravísima situación que están a sufrir os viticultores, onde o prezo da uva de viño albariño que dende o 2006, pasou o prezo mínimo de 1,30 € a 1,00 € no 2014, mentres os prezos dos carburantes e dos produtos fitosanitarios soben cada vez máis, e pola contra os dirixentes do Partido Popular adicanse a crear grandes macro-plantacións
de Albariño coas que os pequenos viticultores son incapaces de competir. O acto comezará ás 9 da tarde no Centro Cultural de Vilariño. Intervirán no mesmo: o candidato á alcaldía, Tino Cordal; o número dous da candidatura, Xurxo Charlín; ademais da veciña de Vilariño e número 7 da nosa lista Inma Castro. No mitin trataranse problemas específicos de Vilariño
relacionados co sector do viño, agricultura, saneamento, auga, etc. E tamén cuestións xerais que atinxen a todos os cambadeses e cambadesas.
MAIS DE 400 DESCARGAS NUN FIN DE SEMANA DO PROGRAMA DE SOMOS CAMBADOS

O “Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados” vén de superar as 400 descargas na tarde de hoxe desde que a finais da pasada semana fora posto a disposición dos veciños e veciñas nas redes sociais.

Co obxecto de facilitar a súa consulta, SOMOS CAMBADOS
presenta unha versión do Programa de Goberno nun formato máis doado e cómodo. 

O “Programa de Goberno” consta de catro apartados:

- Unha vila con grandes potencialidades para o crecemento económico. Neste apartado menciónanse brevemente as potencialidades de Cambados para a creación de emprego (situación xeográfica, sector do mar, sector servizos, industria do viño, etc.).

- A realidade económica e social: Consecuencias dunha
pésima xestión municipal. A pesar da propaganda e das promesas fóra da realidade de última hora, as cifras da xestión do goberno de Aragunde non deixan lugar a dúbidas: 

- Cambados ten hoxe unha taxa de paro do 26,93 % (superior á provincial, galega e española).
- Máis de 500 xóvenes cambadeses tiveron que emigrar. 
- 6 de cada 10 familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes.
- Nos últimos 4 anos o número de cambadeses que solicitaron axudas para alimentos e produtos de primeira necesidade incrementouse en máis do 40 %.
- Nos últimos 4 anos o número de parados incrementouse en máis do 40 %.

- Análise económica dos orzamentos municipais: Estudo comparativo cos concellos do Salnés. Cambados dedica a axudar ás persoas que máis sufren a crise menos da metade que a media de concellos do Salnés. Concretamente 52,24 € por habitante fronte aos  140 € de Sanxenxo ou os 130 € de Vilagarcía e Meaño. 

A pesar de contar cunha cifra de paro record na nosa historia, superior en máis de 5 puntos á taxa de paro de Galicia, no capítulo de Promoción Económica e emprego Cambados dedica 4 veces menos que a media dos concellos do Salnés, en concreto 6,32 € por habitante, 10 veces menos que Meis ou O Grove. 


- As nosas prioridades: Axudar ás persoas que o precisan; apostar pola creación de emprego; e xestionar con honradez, promovendo a participación e a igualdade de oportunidades. Estas serán as  tres prioridades de SOMOS CAMBADOS na acción de goberno. Arredor delas enuméranse  detalladamente cada unha das “50 medidas para cambiar Cambados”.

Pola contra, nestes catro anos o PP realizou uns gastos dificilmente xustificables tendo en conta a dramática situación económica e social pola que están pasando os nosos veciños e veciñas: 

- 1 millón de € en salarios do equipo de goberno e os seus asesores.
- Máis de 1 millón de € nunha rede de museos sen visitantes, ruinosa e ineficaz que coa súa recadación non cubre os gastos de luz.
- Esaxerado soldo do alcalde: 45.000 € + dietas convirten a Aragunde nun dos mellor pagados de Galicia.











Ningún comentario: