19 de maio de 2015

SALTA A “BOMBA” DAS “BOMBAS NO CONCELLO DE CAMBADOS

O ASESOR XURÍDICO DO CONCELLO  RAFAEL RIVEIRO ALVAREZ E OITO TRABALLADORES MAIS  DEMANDAN AO CONCELLO DE CAMBADOS.
ACUSAN AO REXEDOR DE ECHUFISMO.
O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra acaba de admitir a trámite a demanda presentada
Rafael Riveiro, Asesor Xuridico
do Concello de Cambados.
por un grupo de empregados municipais contra a modificación da relación de postos de traballo aprobada por Aragunde.
Entre os motivos que levaron a este grupo de traballadores capitaneado polo asesor xuridico do Concello  Rafael Riveiro Alvarez, e entre os que se atopan cinco policias locais e tres administrativos, a acudir aos xulgado , atopanse os seguintes:
1º.- Os incrementos retributivos, a através dos cales Aragunde premia a algúns empregados municipais, e que son superiores aos previstos na lei de Orzamentos Xenerais do Estado. Lei aprobada polo propio Partido Popular.
2º.- Eliminación das prazas vacantes, ofertadas a través dun proceso de selección de persoal, convocado no ano 2007, ao cal numerosos interesados, entre eles varios veciños de Cambados, previo pago das taxas correspondentes, presentaron as súas solicitudes para participar no mesmo e de este modo pode acceder a un emprego público.
Os empregados municipais que presentaron a demanda pretender poñer fin a penosa situación de incertidume laboral, a que Aragunde ten sometido ao persoal funcionario interino e laboral indefinido. O que se pretende é que tanto os policías
locais, auxiliares administrativos e administrativos interinos; como o persoal laboral indefinido; os cales forman parte da plantilla municipal, pero con futuro laboral incerto e pendentes dun fío, como consecuencia da deixadez do equipo de governo, pasen a formar parte da plantilla municipal a través dos procedementos legalmente establecidos. Non debemos esquecer que algún dos empregados municipais veñen
Secretario Concello
prestando servizos para o Concello de Cambados dende o ano 2007 e outros dende moitos anos antes, como o caso do arquitecto municipal, ou de unha das asistentas sociais, a cal leva prestando servizos dende o ano 1983.

Pese a elo e tras reiteradas e numerosas peticións por parte do persoal o equipo de goberno , por parte de este o único que se fai e dar largas o persoal.
3º.- Vulneración do principio de igualdade entre os traballadores municipais, na medida en que Aragunde premia a algúns traballadores achegados, como o que ocupa o posto de Administrativo da alcaldía, o cal coa modificación da RPT pasa a percibir, solo, en concepto de complemento específico 11.815,24 E anuais, fronte a cantidades moi inferiores atribuídas a postos de maior dificultade, perigosidade ou dedicación.
Un dos puntos fortes da demanda, é o relativo o posto de oficial de apoio adscrito ao departamento de secretaría e réxime interior, ao haberse detectado un feito que incluso podería ser constitutivo dun delito de prevaricación.
Dito posto foi adxudicado, de xeito irregular a persoal do Concello de Cambados, que non reúne os requisitos esixido
legalmente para ocupar tal posto, , o non haber superado a empregada municipal que ven ocupando o mesmo dende a aprobación da RPT, proceso algún de selección de persoal para acceder ao posto. a persoa, supostamente enchufada, entrou a formar parte da plantilla municipal cando anos atrás aprobou unha oposición de auxiliar conserxe. Sen embargo na actualidade e sen pasar oposición algunha está empregada pasou do posto de conserxe ao posto de oficial.
Os feitos relatados presentan certa similitude co acontecido nos concellos  gobernados polo PP, de Riveira de Pitín (Lugo), e Carnota (A Coruña), feitos dos que estás últimas semanas fíxose eco a prensa, ao haber resultado imputados unha deputada autonómica do PP e o ex-alcalde popular.
A Maxistrada xa fixou a data do xuízo, o cal está previsto para o 3 de novembro ás 10.00 horas, citou a numeroso persoal municipal a fin de tomarlles declaración  nos xulgados e solicitou o envío do expediente administrativo relativo ao proceso de selección de persoal que está paralizado sen motivo algún dende o ano 2007, pese a haberse recadado as taxas municipais para poder participar no mesmo.
O XUÍZO NO CONTENCIOSO PARA NOVEMBRO  E ESTÁN CITADOS COMO TESTEMUÑAS ENTRE OUTROS A EMPREGADA MUNICIPAL G. P. S. E O SECRETARIO DO CONCELLO A.F.L.
O xuízo no Xulgado do Contencioso administrativo Nº 2 de Pontevedra, está sinalado para o vindeiro 3 de novembro de 2015 ás 10 horas  na sede do xulgado que está na Rúa Germán Adrio Sobrido Nº 6. O xulgado pidiu ao concello  o expediente administrativo relativo a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2006, o expediente administrativo relativo ao proceso de selección de persoal convocado mediante resolución do 2 de abril de 2007, publicada no BOE Nº 94 de 19/04/2007. A resolución da adxudicación da praza de auxiliar conserxe, en virtude da cal pasou a formar parte da plantilla laboral G. P. S. en réxime de persoal laboral e expediente  persoal da empregada municipal G. P. S.
Están citados a declarar con testemuñas G. P. S., M. del C. V. P.,  A. F. L. e M. P. P.

NOTA DO ADMISTRADOR: 
Esta nota de prensa foi entregada a este blog polos demandantes , así como a medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, ao parecer un deles négase a publicalo, mañan saberedes cal é.








Ningún comentario: