19 de maio de 2015

BNG, PSOE E "SOMOS CAMBADOS TEÑEN A VALENTIA DE PRONUNCIARSE SOBRE O VIDEO ELECTORAL DO PP E A IMPLICACION DO XUVEN NO MESMO

VICTOR CAAMAÑO (BNG): “...NÓS TAMÉN SOMOS O XUVEN...
FATIMA ABAL (PSOE): “ALGUNHAS COUSAS QUE DIXO JORGE NON CORRESPONDENTE CO QUE ME DIXERON A MIN”
TINO CORDAL (SOMOS CAMBADOS): :”OS EQUIPOS E ASOCIACIÓNS CAMBADESAS REPRESENTAN A TODOS OS VECIÑOS".
VICTOR CAAMAÑO, BNG: 
O BNG sempre criticou que o PP tivera a intención de confundir a cidadanía coa idea de que PP e concello son a mesma cousa. De feito o PP utiliza o  concello como se fora o seu negocio o que leva anos resultando tremendamente prexudicial para a maioría de veciños e veciñas. Pero o que resulta máis lamentable é que persoas que representan a diferentes colectivos deportivos (clubs de baloncesto ou Piragüísmo) ou educativos (Anpa Magariños) non sexan capaces de diferenciar entre concello e PP, porque aínda que foran militantes do PP non poderían apoialo publicamente a non ser que fora a nivel individual e ese non é o caso do referido e lamentable vídeo. Este tipo de cousas xamais pasarían en Cambados con outro grupo político porque o básico comportamento ético, do cal carece o PP, faría que non utilizaras a unha persoa no beneficio do teu grupo político pero co prexuizo do colectivo ao que pertencen. Estaría ben que esas persoas reflexionaran sobre o feito.
O meu fillo está nun equipo de base do Xuven e eu e a miña muller e máis eu somos socios deste club, polo tanto nos tamén somos o Xuven. O Xuven xoga nun pavillón público construído con cartos públicos, é dicir, cos cartos dos nosos impostos e, ademais, reciben axudas públicas, é dicir, de cartos dos nosos impostos. Que ninguén se confunda como lle ocorre ás persoas do vídeo de Luís Aragunde que lamentablemente pensan que os cartos son do PP e nunca máis lonxe da realidade.
Segundo parece, os respectivos colectivos involucrados neste lamentable tema non eran coñecedores das actuacións destas persoas (apoio ao PP en representación dos colectivos) polo que agardamos  manifesten a súa opinión ao respecto e teñan unha actuación contundente con elas. E as citadas persoas, se queren apoiar ao PP que se adiquen a colocar a súa propaganda electoral, pois  sairíanos  máis barato ca se a colocan os empregados municipais.
FATIMA ABAL, PSOE:
Mentras non fale con Jorge Castiñeiras non me quero pronunciar amplamente ao respecto, sí que o que oín na entrevista e o que escoitei dicir que pasara por outro membro da xunta directiva, non me “encaixa”. A entrevista da Arousa si Radio Salnés pareceume nalgúns puntos, un pouco contradictoria e quero saber a verdade, algunhas cousas das que dixo Jorge Castiñeiras non corresponde co que me dixeron a min por parte do club. De todos xeitos Fatima non  agachou en ningún momento o seu tremendo cabreo, pero insistiu en que mentres non falara con Jorge non ia a pronunciarse mais abundantemente.
TINO CORDAL, SOMOS CAMBADOS:
Eu penso que non se debe tratar de utilizar institucións que representan a todo o pobo con fins políticas, sexan clubs deportivos ou asociacións de nais e país.
O Partido Popular acostuma a utilizar entidades públicas para conseguir obxectivos persoais.
Neste caso, procurando apoios de maneira vergoñenta para moitos cambadeses.
Os equipos e asociacións cambadesas representan a todos os veciños e veciñas de Cambados, non só aos que votan ao PP.

Ningún comentario: