27 de maio de 2015

OITO LOCAIS PRESENTAN DIVERSAS OFERTAS GASTRONÓMICAS EN "DE PINCHOS,... POR CAMBADOS"

A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a IV edición do concurso “De pinchos, ….por Cambados ”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio.
Desta volta, serán oito establecementos
de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ó prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse
TAPERIA REAL
degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h.
Cada local participante poñerá a disposición dos seus clientes as papeletas de votación, nas que se deberán valorar do 1 ao 5, cada un dos
PARADOR DE CAMBADOS
pinchos, entendendo 5 como a máxima puntuación. 
Como novidade, esta edición contará cun xurado, que estará formado por un representante da hostalería local, un representante do Concello, e un representante da asociación Cambados Zona Centro. 
Así, o gañador do concurso será aquel establecemento, cuxo pincho acade a maior puntuación
O CRUCEIRO
media, sumando a votación popular e a valoración do xurado.
Tamén haberá agasallos para os clientes. A asociación sorteará entre todos aqueles que percorran os establecementos participantes, unha cesta de produtos “gourmet”, así como 8 vales compra de 25€ cada un.
Paralelamente, con motivo destas xornadas, o sábado 30, ás 18.30 horas, no Salón José
A DE MIGUEL
Peña, realizarase un taller gratuíto de corte de xamón.
Ademais, na Praza do Concello, teremos a ocasión de ver o coche do equipo “Galventus Team”, gañador do rallie solidario “ Clio Raid Marraquech ”, organizado polo expiloto Chus Puras, e patrocinado pola asociación Cambados Zona Centro.
A DOS PIÑEIROS
As ofertas gastronómicas dos oito locais participantes son as seguintes:
* A DOS PIÑEIROS
- Pementos de piquillo recheos de marisco.
- Crema de verduras con vieira.
* PARADOR
ESQUINA DA MEIGA
- Pastel de lacón con grelos.
- Pementos de Vilariño recheos de queixo de San Simón.
* VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS
- Xouba rechea de Pementos e queixo de Arzúa.
- Chipirón con tempura negra e alioli de lima.
* O CRUCEIRO
- Ensalada de polbo.
TABERNA DO TRASNO
- Tempura de sepia sobre base de figos.
* A TABERNA DO TRASNO
- Tataki de atún.
- Tomate asado con tetilla.
* A ESQUINA DA MEIGA
- Tosta de palometa e queixo galego.
RIBEIRA DE FEFIÑANS
- Revolto de primavera con arroz negro.
* TAPERIA REAL
- Roliño de leituga con sorpresa do mar.
- Verduras templadas con zamburiñas.
* A CASA MIGUEL
- Timbal de bacalao con verduras.
- Tosta de secreto ibérico con setas en reducción de trufas.
Son os detalles da presentación do evento celebrada esta mañá no salón de plenos de Cambados, por parte do presidente de Zona Centro, Juan Rey, e un representante dos establecementos participantes.
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES


Ningún comentario: