27 de maio de 2015

COMUNICADO DE T.E.S - SALNES/UMIA TECNICO EMERXENCIAS SANITARIAS

Cando os profesionais das emerxencias pedimos medios suficientes para cubrir calquer tipo de emerxencia non o facemos co animo de criticar o voluntariado nin ca intención de dicir que uns son mellores que outros pois os bos profesionais son os que fan ben o seu traballo independentemente de que cobren ou non un salario.
O malo é que enchendo os concellos de parches
como mini camións, todoterreos, uniformes de gala e en moitos casos persoal sen a preparación e a responsabilidade adecuada o que se fai e enganar os veciños facendo crer que teñen un gran servizo de emerxencias en vez de dotar de medios e persoal suficiente os parques de bombeiros, de acurtar os tempos de resposta e de coordinar os servizos tanto profesionais coma voluntarios nun mesmo mando
operativo.
Todo isto para que non ocorran cousas como as que están a pasar en concellos como os da nosa comarca onde se dan casos tan dispares como en algúns con medios de sobra nos que arde un colchón e aparecen 3 camións 4 pick up e 2 ambulancias; outros onde usan camións de bombeiros ultimo modelo para regar rotondas por falta de persoal, ou outros como o da foto (concello de cambados) nos que con ver a imaxe por un momento sobran os comentarios.
T.E.S - Salnes/Umia Tecnico Emerxencias Sanitarias

Ningún comentario: