27 de maio de 2015

OPINIÓN: O POBO XA FALOU.

Foto: A Voz de Galicia.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
O pobo de Cambados xa falou, alto e claro concédelle a maioría o PP, pero non lles outorga o "poder", que lles
permitía facer e desfacer sen dar explicacións a ninguén. Sen dúbida que a partir de hoxe moitas cousas van mudar no
xeito de gobernar este concello, sen dúbida que moitas cosas terán que ser sometidas o consenso de todos.
O PP sigue a ser a lista mais votada, pero sen o poder absoluto que tiñan hasta o momento, o BNG mais o PSOE, manteñen a súa confianza, e o pobo decide outorgarlles unha oportunidade os novos candidatos de
SOMOS CAMBADOS, e CAMBADOS PODE.
Unha desas oportunidades consiste en ser fieis o seu programa electoral, e concretamente Cambados Pode no seu primeiro compromiso dicía textualmente; "non hai acordo previo con ningunha forza política para conseguir a Alcaldía, non votaremos ao candidato de outro partido a hora de elixir o alcalde de Cambados".
Vamos ver como se cumpren agora os compromisos.
RICARDO LÓPEZ COSTA

Ningún comentario: