7 de maio de 2015

OPINIÓN: "CAMBADOS NON PODE"

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
Estes dias podemos ler en distintos medios de comunicación, e nas redes sociaís a noticia de que o candidato de "Cambados Pode", Jose Ramon Abal e
acusado de desobediencia por saltarse un control de trafico na zona de cabanelas o pasado dia 10 Abril, incluso citando fontes do TSXG se asegura que ten que responder destas acusacións o vindeiro 19 Maio no xulgado de Cambados.
Respectando a presunción de inocencia, cabe dicir que "Cambados non Pode" ou non debe ter como candidatos a alcaldía a persoas que co seu exemplo danen a imaxe dun pobo honesto e exemplar.
Ante estas noticias Jose Ramon Abal, nega rotundamente
os feitos, e o mesmo tempo acusa a periodistas e a funcionarios públicos de filtrar a noticia e de estar o servizo do PP.
Na súa presentación din que esta organización xurde o amparo da nova política do século XXI,baseada no respecto e na transparencia, pois comeza mal o candidato, faltando o respecto da lei, e non sendo transparente negando os feitos que un atestado pode confirmar.
Defendese o candidato dicindo que o queren desprestixiar por que aí enquisas que fan perder a maioría o PP, e que o seu principal obxectivo e botar fora os caciques do partido da súa irmán.Non se senten herdeiros dos Independentes de Vilariño, por que saben que logo a unión foi case unánime co PP.
Este episodio ten mais ou menos importancia, pero o que se cuestiona e a negación dos feitos, a falta de respecto, e en dicir que a culpa e de outros iluminados, pero unha cousa si e certa, o dia dos feitos a garda civil rexistrou o domicilio do seu avó na parroquia de vilariño en busca do candidato a alcaldía de Cambados.
RICARDO LOPEZ COSTA
FOTOS: FACEBOOK.

Ningún comentario: