7 de maio de 2015

OPINIÓN SOBRE A FALTA DE PLURALIDADE NOS “DEBATES” ELEITORAIS DA NOSA?? TELEVISIÓN.

Estes días anda todo o mundo alterado querendo saber quen se presenta en cada Concello e o que propoñen. O lóxico e normal vamos, o de sempre, sen embargo o que non se fai coma sempre
son os debates eleitorais que se organizan na única televisión local que se sintoniza na comarca do Salnes, debates que xa se converteran nun clásico das eleicións municipais.
Asisto incrédulo ao xeito de organizar este canal DESTA VEZ os debates eleitorais, si, desta vez, porque antes non era así,
Somos Ribadumia, gran ausente
no debate da súa vila.
SÓ CONVOCA AS FORZAS CON REPRESENTACIÓN NAS CORPORACIÓNS ACTUAIS, ignorando as novas candidaturas, cidadáns, independentes ou novas organizacións, NADA, só “os de sempre”. Mais que debates eleitorais podían decirlle debates de valoración da lexislatura pasada, ou de despedida,…. Entón sí teria sentido…
Non vou poñerme a facer un repaso da lexislación onde se dí que os medios de comunicación privados deberán garantir o respecto ao pluralismo político e igualdade de condicións e bla bla (ter en conta os votos de fai catro anos significa asignar menos tempo, non EXCLUIR….). O importante neste caso non é o respecto a lexislación, o que REALMENTE DEBERÍA PREOCUPARLLE AOS XESTORES DO CANAL E O RESPECTO AOS SEUS TELEVIDENTES, os veciños de Ribadumia, do Salnes ou do Barbanza que vemos esa televisión, empresarios que podían pensar en contratar publicidade, ….. Que opinión pode quedarlles a moitos dos veciños desta comarca da nosa TV local si ven que as opción políticas que defenden non son chamadas a participar nos debates.
Coido que CANAL7RIASBAIXAS debe explicar porque toma a decisión de non convidar a todas as forzas que se presentan as eleicións en cada Concello, se foi unha decisión do Canal ou se foi unha esixencia dalgunha forza política…… que igual tamén puido ser…..
Desde logo non se pode achacar falta de espacio (as gravacións fanse no auditorio de Ribadumia). Tampouco a un exceso de candidaturas ou falta de medios (na maioría dos casos 4 – 5 ou como moito 6 candidaturas). Se o problema e de falta de medios a ver como van a facer no debate do Grove, con 6 Candidaturas con representación, En dúas tandas???.
Tino cordal, ggran ausente hoxe no
pseudo debate de Tele Salnés
Explicar a que se debe ese cambio de criterio. Lembro nas últimas eleicións municipais como no debate de Ribadumia participou sen ningún problema o PSOE que non tiña representación, ou no de Sanxenxo o SAL que tamén era novo en política… Por certo, unha curiosidade: Que van facer en Portas co actual alcalde, que fai catro anos presentouse polo PP, e agora vai como independente?? Van a deixalo fora do debate???.....
Se mire como se mire, esta decisión foi contra o pluralismo político, excluindo por exemplo en Ribadumia a SOMOS
RIBADUMIA, pero tamén ao candidato de Independentes de Ribadumia, e así noutros Concellos…… e encima para o propio canal empobrece os debates e non lle permite ver aos veciños a todas as opcións que se presentan. NEFASTA DECISIÓN E FALTA DE PLURALIDADE SON O MÍNIMO QUE OPINO DESTO.
Deixo para o final tamén un comentario sobre as organizacións que participan nesta “pantomima” de debates….. Están no seu dereito, claro, faltaría plus,…. pero……. Onde quedan os discursos en defensa da democracia e o respecto a pluralidade???. A min non me colan as excusas de “eu non sabia nada….” “non sabia a quen chaman e a quen non….”. Sabemos que se informa dos convocados e tamén da estructura e temas a tratar. Aducir ignorancia e escurrir o bulto: Eu estou seguro de que se as organizacións “grandes” se plantaran e dixeran “OU TODOS OU NINGÚN” seguro que non quedaría mais remedio que reconsiderar a decisión, TOMARA QUEN A TOMARA……
“O que non queiras para ti non o pidas para os demais” decía miña avoa xa falecida. Sabio consello. Lembro a historia que me contaron do ano 1985, cando militantes nacionalistas interrumpiron o programa de debate A CLAVE que se quixera gravar no Hostal dos Reis Catolitos en Santiago, por non incluir aos seus representantes. Daquela eran outros tempos e o debate non foi emitido por TVE…. Agora escribimos artigos e no facebook falando de “ética” na política pero logo non teremos problema en ir a debates cercenados……
PD: Esta e unha opinión persoal miña, non emitida como representante nin como membro da candidatura na que participo en Ribadumia, así que, “os paus” a miña persoa…..
Ramón Mouriño Alfonso.

Ningún comentario: