29 de maio de 2015

PSOE, BNG S E "SOMOS CAMBADOS", DISPOSTOS A PACTAR, AGORA FALTA A RESPOSTA DE "CAMBADOS PODE" QUE A ESTAS HORAS É TODO UNHA INCÓGNITA.

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS VALORAN MOI POSITIVAMENTE OS RESULTADOS ELECTORAIS, E ESTAMOS ABERTOS AO DIÁLOGO COAS DEMÁIS FORZAS POLÍTICAS.
As eleccións municipais do 24 de maio supuxeron un punto de inflexión no panorama político cambadés. Despois de 28
anos de maioría absoluta por parte do Partido Popular, os veciños e veciñas do noso municipio expresaron nas urnas un rexeitamento maioritario á forma de facer política levada a cabo polo PP.
Dende a Agrupación Socialista de Cambados queren, en primeiro lugar, darlle as grazas aos 1422 veciños e veciñas que expresaron nas urnas a súa confianza no seu proxecto e no noso equipo encabezado por Fátima Abal. Esa confianza, que será devolta en forma de traballo e esforzo incansable en favor dos cambadeses e as cambadesas, convirte ao PSdeG-PSOE na máis votada das forzas que
representamos unha alternativa ao PP e a Luis Aragunde.
Os votos dos cambadeses e cambadesas deixan dúas mensaxes claras: por unha banda, o rexeitamento antes mencionado ás políticas do PP. Por outra banda, a ausencia de maiorías absolutas é unha chamada ao diálogo e ao entendemento entre as distintas forzas.
Por eso, os Socialistas de Cambados abrirron un diálogo coas demáis forzas, sempre e cando esas forzas aposten por unha forma de gobernar limpa, transparente, que lle dea a voz á veciñanza. A condición que os socialistas poñen para o diálogo é que as demáis forzas queiran un Concello que estea ao servizo dos veciños e veciñas.

O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS ACORDOU
CHAMAR A NON PERDER UN SÓ MINUTO E DAR XA OS PASOS NECESARIOS PARA QUE CAMBADOS CONTE CUN NOVO GOBERNO
Na noite de onte celebraron no noso concello a primeira asemblea de valoración dos resultados das eleccións municipais do domingo 24 de maio, unha asemblea na que se respiraba un ambiente de claro optimismo dadas as posibilidades que abre a decisión da maioría dos veciños e veciñas de Cambados de retirar a maioría absoluta ao Partido Popular despois de 28 anos.
Nese sentido considerouse como fundamental a constitución dun novo goberno que dea resposta ao desexo de cambio mostrado polo electorado. E para dar a resposta axeitada a ese desexo a asemblea urxiu  o seu portavoz Víctor Caamaño para que as conversas mantidas estes días dean paso sen perda de tempo a reunións formais entre as distintas organizacións  políticas para a elaboración dunha proposta
de programa e estrutura de goberno que dea resposta ao mandato expresado polas urnas.
Na mesma asemblea manifestouse a preocupación diante de diversas informacións e rumores que circulan pola vila desde a noite do domingo no sentido de que o PP está poñendo trabas e incluso presionando a persoas para tentar evitar que se articule un novo goberno que os obrigaría a ser oposición.
Despois de tantos anos de actuación anti-democrática e caciquil non lles estraña que o PP use todas as artimañas ao seu alcance para manterse nun poder que os veciños e veciñas dixeron claramente que xa non debe ocupar; e como a militancia e colaboradores do nacionalismo en Cambados vimos sufrindo esas actuacións desde hai 28 anos é polo que foi unánime esa petición de formalización canto antes das reunións entre as catro organizacións políticas, celebrando as que sexan precisas precisas para acordar o programa e articular o goberno; pois ese será o mellor camiño para evitar rumoroloxías e disipar dúbidas que a dereita cambadesa quere crear nos nosos veciños e veciñas.
Nesta  primeira asemblea por parte do Consello Local do BNG recolléronse moitas  aportacións feitas polos asistentes, aportacións que xunto coas nosas propostas programáticas estamos seguros de que serán moi útiles na elaboración do programa conxunto para gobernar Cambados nos vindeiros catro anos. 

SOMOS CAMBADOS FARA TODO
POSIBLE PARA CHEGAR A UN PACTO TRANSPARENTE E HONRADO 
Por último, e non por iso menos importante a verdadeira sorpresa das eleccións cambadesas
“SOMOS CAMBADOS” reuniuse onte a noite   e acordaron que  van  facer todo o posible para chegar a un pacto de goberno, un goberno unido formado por distintas forzas políticas pero que se unan e que todas falen coa mesma voz, no que queren facer outro tipo de concello con transparencia e honradez, sen poñer traba algunha para que este pacto sexa posible.

CAMBADOS PODE, TODO UNHA
INCOGNITA
A única formación que non se pronunció ate o de agora e que é chave neste proceso de pactos é Cambados Pode, a rumoroloxia estáse disparando na nosa vila, cada cambadés ten unha teoria distinta dos pactos, este blog  tamén ten a súa.  Só podemos dicir que  ate o día 13 de xuño non se vai saber quen é o alcalde ou alcaldesa de Cambados.
Podiamos contar centos de rumores ou ruxex-ruxes, sabemos tamén , porque así se pronunciaron no seu facebook os de Cambados Pode que recibiron ameazas do PP para pactar o cal non quere dicir que descarten ao PP, en definitiva a estas alturas da pelicula só sabe home quen vai ser a persoa que vai gobernar Cambados os vindeiros catro anos e ise non e outro que Juan Carlos Abal Varela, os outros dezaseis concelleiros dependen del.

Ningún comentario: