29 de maio de 2015

SOMOS CAMBADOS FAI UNHA CHAMADA Á RESPONSABILIADE E Á LEALTADE DO RESTO DE FORZAS POLÍTICAS CO OBXECTO DE QUE AS NEGOCIACIÓNS SEXAN O MÁIS TRANSPARENTES POSIBLE E DE QUE OS INTERESES E AMBICIÓNS PERSOAIS NON IMPIDAN A FORMALIZACIÓN DO PACTO DE GOBERNO.

SOMOS CAMBADOS APOSTA POLO PACTO DE GOBERNO PARA LOGRAR O CAMBIO QUE DEMANDARON AS URNAS.
SOMOS CAMBADOS reuniu na tarde de onte aos membros da súa candidatura coa finalidade de fixar a súa posición en
relación ao novo escenario político que se abre en Cambados.

SOMOS CAMBADOS acordou non establecer ningún tipo de negociación co Partido Popular, e facilitar o máximo posible un cambio de goberno sen establecer ningunha esixencia previa relacionada co reparto de cargos no
organigrama do goberno.

A única esixencia de SOMOS CAMBADOS para formalizar o pacto será exclusivamente programática, entendendo que o novo goberno debe priorizar o gasto social, apostar pola creación de emprego e xestionar con honradez e transparencia, para o que promoverá un estrito código ético que deberán asinar e cumprir todos os membros do goberno.

SOMOS CAMBADOS someterá o resultado das negociacións ao referendo da súa asemblea.

Por último, SOMOS CAMBADOS fai unha chamada á responsabiliade e á lealtade do resto de forzas políticas co obxecto de que as negociacións sexan o máis transparentes posible e de que os intereses e ambicións persoais non impidan a formalización do pacto de goberno.


Ningún comentario: