28 de xuño de 2015

A COMISION DE FESTAS DE SANTA MARIÑA SUMASE EN TROMBA A LOITA CONTRA O AME. UN XESTO PLAUSIBLE.

As Festas de Santa Mariña impulsan un festival en favor da loita contra o AME.
-O evento vaise a celebrar o próximo 12 de xullo na praza do Concello -Cambados acolle en agosto un encontro para as familias afectadas
O Festival que organiza nos últimos anos a Comisión de Festas de Santa Mariña
de Cambados terá un fondo solidario nesta edición. A comisión de festas decidiu destinar toda a recaudación que se logre durante a celebración do evento á loita contra a Atrofia Muscular Espinal (AME), que afecta a Mercés Álvarez, unha veciña do municipio cambadés.
O evento está previsto para o próximo 12 de xullo, e vaise a celebrar na praza do Concello de Cambados a partir das
21,00 horas. Nel van participar nove agrupaciones musicais, entre as que se atopan a Banda de Música de Ribadumia, Con de Xido, Xironsa ou Abrente entre outros, e non se descarta que se sumen máis.
Durante a celebración do festival vaise a proceder á venda de rifas entre todos os asistentes para participar no sorteo de diferentes elementos que os comerciantes de Cambados doaron para a causa. Precisamente o comercio tamén
colaborará coa iniciativa aplicando un desconto en todos os seus artigos a todos os que as adquiran. A organización tamén ha habilitado unha fila 0, na que se poderá ingresar cinco ou dez euros, e os 20 primeiros donantes recibirán un agasallo seguro.
Mercés Álvarez tamén anunciou onte que Cambados vai acoller, entre o 28 e o 30 de agosto, un encontro de familias con AME. Este encontro terá lugar nas dependencias do colexio Salesianos de Castrelo. A falta de case dous meses para a súa celebración xa se atopan inscritos medio centenar de persoas de todo o Estado, e espérase superar o centenar de participantes.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.

Ningún comentario: