28 de xuño de 2015

OUTRO CAMBADÉS PASA A ENGROSAR AS FILAS DA IRMANDE XURIDICA GALEGA

Iago Pillado (Foto Linkedin)
O AVOGADO IAGO PILLADO FOI NOMEADO O SÁBADO PASADO NO PAZO DE FONSECA
O sábado pasado tivo lugar no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela o nomeamento de novos membros da Irmandade Xurídica Galega  entre eles
nesta ocasión foi nomeado o letrado cambadés Iago Pillado Losada. Que nos saibamos é o terceiro cambadés que acada esta distinción antes xa o foron o fiscal Benito Montero,
recentemente xubilado e o funcionario do Xulgado Nº 1 de Cambados, Xaquin Charlin.
A Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) quere ser a continuadora dunha tradición de xuristas partidarios do uso da lingua galega na actividade xudicial. Sebastián Martínez Risco, Roberto González Pastoriza, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade, Lois Peña Novo, Arturo Noguerol... forman parte dunha numerosa  nómina de funcionarios xudiciais e avogados que quixeron restablecer o uso da lingua galega nas instancias xudiciais, continuando cunha tradición interrompida durante séculos; Arela fanada por mor da sublevación militar do ano 1936, que cortou de raíz aquela aspiración.  

Ningún comentario: