14 de xuño de 2015

A EXCELENTE XESTIÓN DO NOVO EQUIPO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS EMPEZA A DAR OS SEUS FROITOS

CERRAN 2014 CON SUPERÁVIT DESPOIS DE CINCOS ANOS DE PÉSIMA XESTIÓN DO ANTERIOR EQUIPO 
O sábado tamén houbo asemblea xeral na Confraría de Cambados cun único punto do orde do día que era o estado de contas da entidade. Non fai falta dicir que o anterior equipo
deixou a confraría nunha situación calamitosa, incluso desesperante, pero Perto Costa e o seu equipo en apenas un ano xa empezaron a enderezar o rumbo, da mesma, a situación segue a ser moi difícil, pero a este ritmo e con este equipo pódese mellorar aínda moito mais. O superávit de 20014 é de 27.000 euros, beneficio que se da despois de cinco anos de perdas alarmantes.
A ASUNTO DE BARCO TRAGOVE PODE OCASIONARLLE A CONFRARÍA UN DESFASE DE 120.000 EUROS.
Entre a xestión pésima do anterior equipo encabezado por Benito González está a devolución da sobrevaloración do barco Tragove, pois 120.000 pide a Xunta que se devolvan. O actual equipo tratará de que este pago, si se produce,  faga o menor dano a entidade.  A xunta tamén debería comprender a situación da Confraría  e en caso de pago debía de perdoar esta “torpeza” do anterior equipo. De todos xeitos Costa e o seu equipo dixeron que si houbera que pagalos pedirían responsabilidades o anterior cabildo e a súa desastrosa actuación.
Fotos: DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: