14 de xuño de 2015

CONCENTRACIÓN DOS TRABALLADORES DO DIARIO DE AROUSA

O VINDEIRO MARTES AS CATRO DA TARDE EN VILAGARCÍA.
Os representes dos traballadores das cabeceiras da Editorial La Capital (entre
eles Diario de Arousa) decidiron convocar unha concentración para denunciar os impagos e defender o “despidos cero”. Os traballadores de Diario de Arousa concentraranse este martes a partir das 4 da tarde diante da Praza de Galicia en Vilagarcía. O mellor xeito de axudalos, aparte de acudir a esta concentración,  é seguir mercando o periódico onde traballan, e non estaría mal, aínda que sabemos que teñen moito traballo, unha representación do actual goberno cambadés, pois se non lembramos mal tamén hai traballadores de Cambados nesa redacción.

Ningún comentario: