13 de xuño de 2015

AOS QUE BOTABAN OS FOGOS NA NOITE ELECTORAL E OS QUE OS SUFRIMOS

Rematada a batalla psicolóxica destes dias entre PSOE, BNG, SOMOS CAMBADOS e CAMBADOS PODE, cun reultado magnificoco saindo elexida unha alcaldesa de esquerdas despois de 28 anos de absolutismo do Partido Popular, espero que a xente entendera algúns
artigos deste blog que iban nese sentido,  si asi no entenderon sinto. 
Querolle adicar este articulo a duos grupos de persoas:
1º.- A eses que durante 28 anos en cada noite electoral  das municipais, botaban fogos presumindo que gañaban,  fogos que os que somos de esquerdas se nos clavaban como alfileres no corazón e estbamos a esperar cando era o ultimo para dicir “fillos de ….”. Eses que se burlaban da nosa da nosa derrota comicio tras comicio, eses que enchufaban os deles sen remilgos, eses  que cando ian pola rua esbozaban un souriso malicioso,  a eses quero adicarlles con toda a miña rabia os fogos que van ao remate deste artigo, e decirlles ben alto e claro “GAÑAMOS”.
2º.- Tamén quero dedicarlle este artigo a toda exa xente, homes e mulleres da oposición que durante 28 anos estiveron loitando no concello como concelleiros aguantando risas, insultos, burlas., atropellos, inxustizas da bancada de enfrente. Xente como Xoan Antonio, Montse Prado, José Ramón Duran, Domingo Tabuyo, Victor Caamaño, Fatima Abal,  e tanto e tantos outros que loitaron contra o absolutismo popular. Pero en especial e ainda que non sexa do partido que defendin  e do que denfendo agora, en especial dicia querome lembrar dun home que hoxe estou sugro que donde estea irradiará  felicidade,  e ese non e outro de Rafael Blanco Guerreiro Rafa”, ese home loitou ata sua morte como concelleiro da oposición ,  que sufriu nas súas propias carnes  as burlas do goberno , a ese en especial vai dedicado este artigo, hoxe fundiriase nun abrazo coa que é a nova alcaldesa do concello de Cambados, a meu recordo  mais sentido para Rafa e  moita sorte e moitos parabéns para  a nova alcaldesa Fatima Abal e os oito concelleiros restantes do grupo de goberno, que en definitiva e desexarnos sorte a todos os cambadeses.

1 comentario:

jose dixo...

¿SEICA DESAPARECEN OS ARTIGOS? ¿NON TERAS QUE ELIMINAR TAMEN NOS QUE DEIXABAS MAL O DE CAMBADOS PODE?