Os concelleiros electos do BNG-Asembleas Abertas de Cambados votarán pola cabeza de lista da organización que obtivo maior número de votos das catro que no seu momento manifestamos que entre os nosos obxectivos estaba o de facer todo o posíbel para evitar un novo goberno do PP.
A Asemblea Aberta de militantes e
simpatizantes do BNG celebrada na noite de onte venres procedeu a valorar a situación que se abre en Cambados
despois do frustrado proceso de negociación cara a construción dun goberno verdadeiramente democrático para o noso concello.

En primeiro lugar os compañeiros e compañeiras quixeron agradecer o esforzo que ao longo destes días realizaron o Consello Local e o equipo negociador encabezado polo noso portavoz municipal Víctor Caamaño, nun traballo que por mandato dunha anterior
reunión tiña como obxectivo poñer todos os medios para que ese goberno fora adiante.
reunión tiña como obxectivo poñer todos os medios para que ese goberno fora adiante.
Unha vez informada do contido das distintas conversas e reunións negociadoras e do remate nunha ruptura consecuencia da postura intransixente, personalista e interesada de Cambados Pode, a Asemblea Aberta acordou iniciar o proceso de elaboración dun plan de traballo que nos permita manter o noso labor de oposición firme a un PP que a partir do 13 de maio previsibelmente manterá a alcaldía grazas á actuación de Cambados Pode, unha candidatura que ficará así retratada diante dos veciños e veciñas como a favorecedora dun novo goberno da dereita en Cambados.
Ademais na reunión decidiuse que os nosos tres concelleiros no pleno de constitución da nova corporación e de elección de alcalde, que se celebrará o sábado 13 de xuño, renuncien a votar por Víctor Caamaño e voten pola cabeza de lista do
PSOE, ao ser a organización que obtivo maior número de votos o pasado 24 de maio das catro que no seu momento manifestamos que entre os nosos obxectivos estaba o de facer todo o posíbel para evitar un novo goberno do PP.

Con este xesto simbólico queremos comunicar aos cambadeses e cambadesas que o BNG-Asembleas Abertas mantén o seu compromiso e seguirá traballando por construír un goberno democrático en Cambados.
O vindeiro 13 de maio estaremos no pleno da corporación representando aos veciños e veciñas que nos deron o seu apoio, o día seguinte e os vindeiros catro anos estaremos, como fixemos sempre, cos cambadeses e cambadesas, enfrontándonos ás políticas clientelares e anti-democráticas e aos recortes de dereitos executados polo do PP, e facendo propostas para mellorar o noso concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario