6 de xuño de 2015

CAMBADOS NON PODE OU V DE VENDETTA.

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN.
Vaia por diante unha obviedade que non o é tanto para todos os cambadeses, eu son demócrata convencido e acepto as
regras de xogo que nos dimos hai tempo entre todos, estiveras dacordo ou non, inda que haxa quen as cambie no medio dunha lexislatura coma a Cospedal en solitário ou o Nuñez Feijoo que aparcou un proxecto da mesma catadura
que visto o que lle pasou á Castelán-manchega coido non vai voltar plantexar, e víches o lobo meu?. Polo tanto acepto os resultados do pasado mes de Maio que se díron no concello de Cambados onde o Partido Popular obtivo oito concellais e polo tanto a oposición a ese partido obtivo nove actas de concellais e a maioría dos votos dos cambadeses repartidos en 3 concellais o PSOE 3 o BNG 2 Somos Cambados e 1 Cambados Pode,polo tanto esa manida mentira de que debe gobernar a lista mais votada que non cumplen nin eles, os do PP cando lles vén dadas, reflicte o funcionamento hipócrita e pueril desta organización ao que todo lles vale. Pero non vale todo, ou non debería ser así, pero a todo hai quen gañe, dicíalle o pequeno ao grandullón nunha liorta,aparecendo en escena o primo de zumosol, os de Cambados Pode, que non atenderon aos medios de comunicación en toda a campaña por que terían que respostar á pregunta do millón de Euros, a quen van votar se non son a lista mais votada? a nós mesmos, sabedores de que a lista mais votada ía ser o PP e polo tanto darlle a alcaldía ao PP, a cambio de qué? non, non escenificamos un paripé,unha
opereta entre os dous e así nin temos que dar esplicacións do pactado, por non dar nin Rueda tén que falar do qué lles ofreceu cos cartos de todos os galegos; mais a vendetta non acaba aquí, eu podo entender que no seu programa copiado de Torrelodones levase unha proposta na que se comprometían a votar por sí mesmos, coma sabían que daría coma resultado o que se vai dar o 13 de Xuño, xogando para sí as prevendas do mesmo, pero, van cumprilas todas VENDETTA ,VENDETTA, máxime cando confundiron ao personal chamándose Cambados Pode xogando coa palabra Pode=Podemos Cambados, si se tiveran chamado Vox Cambados, UPyD Cambados pero Cambados Pode,  polo tanto quedándose con votos que querían o cambio para Cambados despois de 28 anos de goberno conservador. Ben amañado dirán na Rua Castelao, pero non vale todo,acaban de deixar un misto prendido ao carón dun balde de gasoliña e non vou ser eu quen o apague, a cidadanía escomenza a non ter medo e todo pode ocurrir, eu propoño ir o 13 do presente á casa de todos cunha máscara do afamado comic de Alan Moore e David LLoyd"V de Vendetta" éche o mais parecido ao que está a ocurrir.
XAN GALBÁN (Cociñeiro).
Este artigo adícollo a Óscar Pardo-Planas e a todos os que estiveron na emigración forzada.




FOTOS: GOOGLE IMAXES.

Ningún comentario: