Unha empresa contratada polo ente público Portos de Galicia vén de iniciar as obras de acondicionamento e pavimentación da denominada illa das Goritas, onde se establecerán preto de
100 novas prazas de aparcamento.
100 novas prazas de aparcamento.
Este espazo, que supón a urbanización dunha gran parte da
superficie total, facilitará o estacionamento dos seus vehículos a todos aqueles potenciais clientes que se acheguen a realizar as súas compras á praza de abastos ou ó mercadiño de mércores e sábados.

Ademáis do vieiro central, a urbanización das Goritas inclúe outro vial para facer máis fluida a circulación de coches e
peóns. Os espazos non pavimentados quedarán cubertos de céspede, nunha nova configuración que modificará a estética da zona.
peóns. Os espazos non pavimentados quedarán cubertos de céspede, nunha nova configuración que modificará a estética da zona.
O presuposto para levar a cabo esta nova actuación ascende a 52.600 euros, sen incluir os traballos de axardinamento, e o prazo de execución das obras calcúlase en un mes, según explicou un voceiro de Portos de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario