POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Bos días Jose Ramón
Confesareille que non sei moi ben
como dirixirme á súa persoa; si, debido ao seu cargo como recen elixido concelleiro (e, por tanto, representante dunha parte da vontade da poboación cambadesa), darlle o trato de “vostede” ou, pola contra, tratarlle dunha maneira mais
informal.

Pero, dende logo, unha cousa que teño clara é que vostede é o “home do momento” no noso pobo; non se falaba tanto de alguén nas “comidillas” locais como dende fai un tempo, cando a “prensa rosa cambadesa” facíase eco dun rumor que afirmaba que un coñecido e influinte cambadés deixaba á súa parella de toda a vida por unha “mamasita” colombiana.
Nesta ocasión, todas as miradas están postas en vostede por motivos ben distintos aínda que se podería facer un certo paralelismo coa súa situación e a de o susodito “picha loca”: agora mesmo vostede, poderiamos dicir, que representa a un aposto e ben situado cabaleiro ao que lle acaban de saír dúas noivas ou amantes: a unha xa a coñece moi ben porque é unha muller coa que leva (e levamos) convivindo moito tempo; unha muller conservadora, mentireira e miserable que soamente lle quere polo interese, e dicir, pola súa posición
privilexiada e que estará disposta a ofrecerlle o que faga falta porque se pregue aos seus desexos, esa muller non fai falta que diga que representa ao goberno pepero de Aragunde.
privilexiada e que estará disposta a ofrecerlle o que faga falta porque se pregue aos seus desexos, esa muller non fai falta que diga que representa ao goberno pepero de Aragunde.
Por outro lado, temos a unha muller enigmática, misteriosa e atractiva representada por unha posible coalición do BNG, PSOE e “Somos Cambados” que lle tenderá a man e que, aínda que non lle pode ofrecer os bens materiais que lle ofrece a outra, ofrécelle algo mais interesante e valioso: ofrécelle a posibilidade de facer historia, ofrécelle a posibilidade de gobernar para tódolos cambadeses e non, soamente, para os “amiguiños” i “enchufados”; en definitiva, ofrécenlle ser algo mais que unha marioneta das moitas de Tourís e Aragunde ......¿con que muller se quedará, Jose Ramón?.
Voulle contar unha anécdota para que vexa que distinto pode ser o mundo da política onde vostede acaba de aterrar:
Sei que é unha persoa moi nova e que soamente coñeceu gobernos do PP no noso concello pero seguro que lle
contaron que, antes de que a dereita acadara a alcaldía, houbo en Cambados un goberno nacionalista e de esquerdas con Xoán Antonio Pillado Silvoso á cabeza (para moitos de nos, o último alcalde honrado que tivo a nosa vila) ; pois ben, a diferenza dos seus sucesores no cargo (Tirado, Tourís e Aragunde), o bo de Xoán Antonio Pillado non optou pola dedicación exclusiva, compaxinando o seu cargo de alcalde coa súa profesión de mestre de escola (co cal aforráballe un soldo ao concello) pois ben, contoume recentemente un membro daquela corporación municipal, que cando Xoán Antonio tiña que desprazarse, por exemplo a Madrid, por algún tema do concello e, por tanto, tiñan que mandar un substituto ao colexio Magariños pois dito substituto pagábano Xoán Antonio do seu peto (como si tivese algunha obrigación de facelo) ....cando escoitas iso e ves ao que temos chegado hoxe en dia, no que Aragunde pasa ao longo do ano, dietas de miles de euros soamente en comidas (por certo esperemos que haxa pagado as contas que tiña pendentes neses restaurantes, algunhas de considerable contía) ou que outro ex alcalde usa a maquinaria e os operarios municipais para a súa plantación de albariño, dáme por preguntarme que fixeron mal os cambadeses para ter tales actuais gobernantes e senón hai posibilidade de cambialo .... a resposta é ben sinxela e está nas súas mans.

Pero para dar ese paso adiante hai que ser moi valente e síntoo dicilo pero vostede non mo parece; oxalá me equivocara pero o que penso que vai pasar é que vostede e o seu partido acabarán rendidos aos cantos de sirena do PP; a única dúbida que temos moitos é por canto ides vender a vosa alma ao diaño ¿quizais algúns postos para os membros do voso partido no concello ou na Xunta (porque na Deputación xa sabemos que non porque vaise fora da mesma “O Padriño de Ribadumia” )? ¿ou haberá algo mais? Cando haxades acadado o pacto que permitirá a Aragunde e a súa cuadrilla seguir vivindo do conto (e a conta de tódolos cambadeses), sairá vostede nos medios de prensa e dirá as típicas “perogrulladas” que se din nestes casos para xustificarse: “o programa do Partido Popular acabou por
convencernos” ou “penso que podemos facer grandes cousas xuntos polo pobo”, xa veremos con que gran frase, saída, probablemente, da cabeza do xefe de prensa do Concello nos sorprende......
convencernos” ou “penso que podemos facer grandes cousas xuntos polo pobo”, xa veremos con que gran frase, saída, probablemente, da cabeza do xefe de prensa do Concello nos sorprende......
Como lle dixen anteriormente vostede ten nas súas mans facer historia no noso pobo, ten a oportunidade de ser o político que rematou con 28 anos de actitudes ditatoriais e de xestos pouco ou nada democráticos en Cambados pero, como tamén xa lle dixen, para elo hai que ser moi valente e vostede, polo visto até agora, mais que como un valente actuou como un verdadeiro covarde, primeiro negando uns feitos (a súa desobediencia á Garda Civil) polos que foi xulgado fai uns días e, despois, intentando achacarlle tales feitos como mentiras duns terceiros, poñendo a honorabilidade de ditas persoas en cuestión; por certo Jose Ramón ¿pediulle xa desculpas ao funcionario do xulgado e a periodista do Diario de Arousa aos que ofendeu? Espero que agora que os feitos se demostraron no acto do xuízo teña a dignidade e a humildade para facelo aínda que me temo que non será así.
Espero que perdoe a miña sinceridade e non lle pareza mal todo o que lle dixen pero, como se acostuma a dicir nestes casos, “o tempo pon a cada un no seu lugar” e, polo pronto, teremos que esperar até o próximo dia 13 de xuño para saber quen levará as rendas de Cambados os próximos catros anos e, dende logo, si decidise apoiar o cambio en Cambados eu tenderíalle a miña man e seria o primeiro en felicitalo, non lle caiba a menor dúbida.
En calquera caso, espero que desenvolva o seu cargo coa dignidade e co respecto aos que lle deron a súa confianza nas urnas.
RICARDO DOMINGUEZ REY
FOTOS: FARO DE VIGO E CAMBADOS PODE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario