ASÍ O FIXO XA EN VILAGARCÍA E LALÍN. HOXE É A REUNIÓN DO CUADRIPARTITO EN CAMBADOS.
“”O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, anunciou este sábado que o BNG facilitará a investidura, co seu voto favorable, dos
gobernos "alternativos ao PP" nas cidades nas que poderían gobernar, pero precisou que non participará neles. Así, o Bloque decidiu dar o seu apoio á "conformación e investidura" a aqueles gobernos que, neste momento, están "con perspectiva de consolidarse".

"Vai dar o voto favorable na investidura aos gobernos
alternativos ao PP, pero non se vai a participar no goberno", resolveu Vence tralo primeiro Consello Nacional do BNG logo das municipais.””
alternativos ao PP, pero non se vai a participar no goberno", resolveu Vence tralo primeiro Consello Nacional do BNG logo das municipais.””
Isto está publicado en “El País” o día 30 de maio.
Hoxe as nove da noite nun lugar determinado de Cambados está prevista a reunión do cuadripartito para tratar sobre o tema dos pactos, se o BNG segue a liña de Santiago, da cal e moi difícil que se desmarque, no caso de chegar a un acordo, cousa bastante difícil, non entraría nun goberno de coalición , pero si elixiría
como alcalde o cabeza de lista máis votada, neste caso o PSOE. Xa o fixo en Vilagarcía e Lalín.
como alcalde o cabeza de lista máis votada, neste caso o PSOE. Xa o fixo en Vilagarcía e Lalín.
Isto realmente de que vale? , acaso pensa o BNG que van gobernar 6 concelleiros contra 8 do PP e eles mirando os touros dende a barreira “sen mancharse”. Para isto os votaron os seus simpatizantes? Coidamos que non, é mais na redes socias algúns deles animan ao BNG que se sume ao pacto do cuadripartito caso de chegar a un acordo, que insistimos tremendamente difícil que se dea. Antes do 30 de maio, dia da saída da nova de “el pais” o BNG de Cambados, segundo as nosas novas estaba totalmente disposto a participar no goberno cambadés caso de chegar a un acordo o cuadripartito.
Se houbera acordo o BNG debería entrar no goberno como o que máis, senón é facer o "redículo" e estamos seguros que algúns dos seus votantes se anoxarían con esta actitude. Cambados votou cambio, pero cambio coa participación de todos.
FOTOS: FARO DE VIGO E A TI MEU CAMBADOS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario