“TREPA”, “CORRUPTA”, “MENTE CALENTURIENTA”, “ACOSADORA” ALGÚNS DOS EPÍTETOS DE LUÍS ARAGUNDE A FATIMA ABAL.
A RPT está causando que a política local cambadesa estea tomando uns "tintes" vedadeiramente escandalosos, onte Luís Aragunde , ese home que presume ser tan educado, explotou e largou unha serie de epítetos a Fatima Abal (Ver Faro de Vigo e La Voz de Galicia) que de seguro que esta non lle van gustar nada, incluso a ameazou con levala os tribunais por calumnias e inxurias. O malo de todo isto e que os dous teñen razón. Pois Luís Aragunde di a verdade cando
lle rexeitaron as medidas "cautelares" a Fatima Abal porque o xuíz non acordou a suspensión cautelar da RPT como pedía a Socialista, pero o xuízo continua adiante e esta sinalada a súa celebración para o vindeiro 17 de decembro. O problema é que Luís Aragunde di a verdade a medias que é a peor das mentiras pois debería de engadir que o xuízo continúa adiante tanto o de Fatima Abal como o presentado polo asesor xurídico e oito traballadores mais.

O que si amosou Aragunde é a súa falta de temple o que xa sabiamos todos e que era un maleducado, un alcalde e mais dun pobo señorial como Cambados, ten que saber gardar a compostura, vaille no soldo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario