3 de xuño de 2015

CARTEIS PREMIADOS NA CAMPAÑA ESCOLAR DE CAMBADOS SOBRE BEBIDAS SAUDABLES ORGANIZADAS POLO SPAD DE AROUSA.

Os 21 carteis, realizados por 90 alumnos de 5º de primaria dos colexios Magariños, Pastoriza, Castrelo, Enrique Barreiro e San Tomé, estarán expostos dende o día 5 ata ó 30 de xuño no Centro Sociocultural A Merced.
O día 26 de maio celebrouse a selección dos carteis premiados, na que participaron como xurado: tres técnicos
de Cultura do Concello; tres representantes das ANPAs dos colexios de Castrelo, Enrique Barreiro de Vilariño e San Tomé; xunto coa responsable da área de Prevención do SPAD de Vilagarcía.
O día 11 de xuño, ás 17:00horas, vaise
celebrar no Centro Sociocultural A Merced (1º andar) o acto de entrega de diplomas e lotes de material didáctico aos premiados desta edición.
• 1º PREMIO: Cartel Respéctate, Cóidate, Vive!! 
C.E.P. Antonio Magariños Pastoriza

• 2º PREMIOS (2 premiados): 
Cartel “Bebidas ricas, que non irritan”. 
C.E.P. “Antonio Magariños Pastoriza”
Cartel “O alcohol e o licor prohibidos, disfruta a vida con boas bebidas”. 
C.E.I.P. “San Tomé”.

• 3º PREMIO:
Cartel “Zúmate a unha vida saudable”. 
CEIP “Enrique Barreiro Piñeiro”.
NOVA RECOLLIDA DE:


Ningún comentario: