3 de xuño de 2015

HOXE ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRICIÓN DA IV CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS.

O MESMO REMATA O 2 DE XULLO.
Hoxe mesmo o Club Atletismo Cambados, infórmanos que a partires das 00:00 h abríronse as inscricións
para a VI Carreira Popular de Cambados a través de EmeSports no seguinte link:
Ademais ábrese a seguinte paxina web no Facebook
exclusiva para esta Carreira onde podedes encontrar as novidades e últimas noticias referentes a carreira:
A data de celebración será o Domingo 5 de Xullo e o circuíto será o mesmo que en anos anteriores que, como todos sabedes, esta homologado pola RFEA dende o ano 2013
polo que as marcas que consigades quedaran rexistradas como oficiais.
O CAC anima a todos a inscribirse nesta carreira cun circuíto tan rápido e bonito con saída e chegada na Praza de Fefiñans.
Para esta edición están preparando moitas sorpresas para que todos poidades gozar dunha espléndida maná de atletismo na nosa vila.
FOTOS: FARO DE VIGO E ATI MEU CAMBADOS.

Ningún comentario: