SERÁ O VINDEIRO 20 DE XUÑO.
A Asoc. Cult. PENAGUDA de Dena (Meaño) ten o pracer de convidarvos ó IV Serán da Capela. Para a ocasión o sitio elixido é o de estes últimos anos: a
acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño).
acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño).
O serán será o 20 de Xuño a partir das 21:30. Trae o teu instrumento e únete á festa!!
Haberá chocolate quente e rosca de balde para os asistentes!!
Como Chegar: (do punto A: AP9 ao punto B: Capela das Angustias)
Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño.
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que guiarte
polos carteis de señalización postos para o serán (carteis
laranxas).
laranxas).
Seguindo o enlace de arriba non tendes perda ningunha!
Parafraseando ó presidente da asociación: “Como di un vello dito (e se non é así, meu avó sí que o dicía): non hai solto sen agharrado nin xota sen muiñeira, asique... lume no baile! E que rule o licor café!...”




Ningún comentario:
Publicar un comentario