9 de xuño de 2015

CATRO ESCOLARES DE CAMBADOS PREMIADOS NO CONCURSO DE LEMAS PARA FOMENTAR O GALEGO

“A nosa terra, a nosa lingua”, orixinal de Noa Moldes Oubiña, de 1º curso de primaria da parroquia de Vilariño, foi o lema gañador do concurso organizado polo departamento de Cultura para fomentar o uso do galego, dentro das actividades celebradas nos centros socioculturais de Cambados e das
parroquias. 
O lema gañador lucirá nas camisetas dos campamentos urbanos de verán que organiza o Concello no monte de A Pastora.
Foi escollido un finalista por cada centro e, de entre eles, o
lema gañador. As respectivas frases seleccionadas están expostas no centro sociocultural A Merced. Os finalistas foron:
Mariña Vieites Amodo, 1º curso de primaria, CEIP Castrelo
Sara Giráldez Casal, 6º curso de primaria, Castrelo
Álvaro Navia González, 2º curso de primaria, Corvillón
Todos eles recibirán un recoñecemento o próximo xoves, día
11, ás 17 horas, no centro cultural A Merced. Neste concurso participaron os rapaces que acoden ás actividades que organiza o Concello nos centros culturais das parroquias e na biblioteca municipal, durante todo o ano.
Esta é unha actividade de promoción do uso do galego subvencionada pola consellería de Cultura, Educación o Ordenación Univesitaria da Xunta de Galicia dentro dos programas para a dinamización lingüística no ámbito local.
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES.

Ningún comentario: