9 de xuño de 2015

NIN EMPRESA NIN CONCELLO CUMPRIRON AS SÚAS PROMESAS DE REFORMAR O XIMNASIO PÚBLICO DE CAMBADOS.

OS USUARIOS DO MESMO ESTÁN MOI MOLESTOS COA SITUACIÓN E SÉNTENSE ENGANADOS POR ALCALDE E EMPRESARIO.
Dende xaneiro prometéronlle aos usuarios do ximnasio municipal de Cambados aulas novas de fitness que serian
construídas encima da herba (espazo verde que está ao carón) e aumentarían o ximnasio e non reciben a autorización do concello. Sen ter a autorización para obrar a empresa mercou novos aparellos e enchéron todo
o espazo en fronte do espello , aparellos de musculación e quedáronse sen espazo os usuarios para practicar  fitness. Actualmente o Xuven “autorizounos” os  martes e xoves 45 min a facer “Body ton” dentro do pavillón e antes tiñan  tres dias  á
semana unha hora enteira.  Unha persoa  que vai a clases dinos  “que logo de ver como se marchou a xente que estaba nas clases desde o 2009 non debían sacar as clases de sempre
Que firmaron Alcalde e empresario
(Foto Diario de Arousa)
cando ao final non aumentan as aulas”. Os socios fóronse para outros ximnasios porque non queren ir por libre encima dunha cinta de correr ou bicis ou  vogar  etc. As usuarias e usuarios encantábanlle  as clases con música de fitness, abdominais, "tonificación" desde 2009 e agora abúrrense ao ir por libre. 

Hoxe mesmo  dixéronlle aos usuarios  que Costas non autoriza a facer estes traballos xa que habería que facer unha perforación de 6 m porque é terreo reenchido sobre mar.  Se non se pode facer as obras os usuarios e usarías esixen que poñan todo como estaba e con clases de fitness aerobics, abdominais, zumba etc cos monitores “fantásticos”  que tiñan.

Hoxe había máis xente porque sabían que había clases no pavillón senón son 6 ou 8 persoas .  Os usuarios e usuarias consideran que isto é  unha verdadeira pena .

Lembremos que tanto Luís Aragunde como a empresa venderon na prensa unha ampliación que resultou ser unha manobra electoral e un perfecto engano segundo os usuarios e usuarias.





Ningún comentario: