8 de xuño de 2015

FEFÉ: "ATA OS 25 TRABALLEI NA FÁBRICA DO MEU PAI EN CAMBADOS, DURMÍA NUN CUARTO CON CAMA DE FERRO"

"Eu cheguei a ser o primeiro naviero de España, terceiro de Europa e décimo do mundo. En 2003 vendín a compañía por 1.350 millóns de dólares seguindo o consello que me deu unha vez un amigo e colega grego: “Fernando, o noso negocio consiste en vender cando os demais
compran e comprar cando os demais venden”.
-Que se aprende sendo o primeiro de España, o terceiro de Europa, o décimo do mundo?
-Eu empecei a traballar aos 16 anos e ata os 25 nunha
fábrica de conservas propiedade do meu pai en Cambados (Pontevedra). Non tiña nin o bachillerato. Vivía nun cuarto cunha cama de ferro, unha xerra e unha palangana. Levantábame ás 5 da mañá cada día e pedaleaba 7 quilómetros a comprar o peixe. Despois caseime e o meu primeiro suegro, o almirante Riva Suardíaz, un señor fóra de serie, fíxome ir a Deusto a facer un curso de dirección
de empresas. Dos 42 que eramos o segundo mellor diploma foi o meu.
-Ou sexa, que é vostede un listo natural.
-Ás veces si, ás veces non.
-Aprendeu máis na rúa que nos libros?
-A rúa ensínache moito, pero os libros ordénanche a cabeza. Si non, tes un barullo impresionante... Home, si hoxe volvese nacer gustaríame estudar dous ou tres carreiras. E crear moito máis emprego do que creei.
SE QUERES LER TODA A ENTREVISTA PREME AQUÍ.


Ningún comentario: