O persoal sanitario do Hospital do Salnés concentrarase este xoves día 11, entre as 11 e as 12 do mediodía, en protesta polo peche da terceira planta durante o período estival.
A data foi concretada na comisión da
xunta de persoal da área sanitaria do Salnés, que se reuniu esta mañá para perfilar os detalles da mobilización.
xunta de persoal da área sanitaria do Salnés, que se reuniu esta mañá para perfilar os detalles da mobilización.
A dirección do Hospital Comarcal acordou a clausura da terceira planta a partir do 1 de xullo, sen data de reapertura, ainda que baixo o compromiso de volver a poñela en funcionamento se fai falta.
Sen embargo, a xunta de persoal acordou iniciar mobilizacións de protesta por este novo recorte que, aseguran, contribue a un maior deterioro da asistencia sanitaria.
Segundo os sindicatos, a realidade é que cada vez se retrasa máis a reapertura da planta clausurada en período estival e non se ten en conta nin a sustitución do persoal de vacacións nin as listas de espera.
NOVA RECOLLIDA DE AROUSA SI RADIO SALNES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario