30 de xuño de 2015

O CINISMO DE LUÍS ARAGUNDE SEGUE SEN TER LIMITES TAMÉN NA OPOSICIÓN

Está claro que nin Luís Aragunde nin os seus “estómagos agradecidos” saben perder. Hoxe podemos ler unhas declaracións en Diario de Arousa que hai que ter “morro” para facelas, as declaracións  non son doutro que do "mentidor" Maior do Reino o ínclito Luís
Aragunde, queixándose que lle chegou a notificación para o pleno moi tarde. Insistimos hai que ter morro, na época del cantidade de veces os concelleiros eran citados o día anterior e disto son testemuñas os policias locais,  é mais, a documentación a veces era entregada polo Secretario no mesmo pleno, cando na entregaba un ou dos meses despois
de celebrado. A prepotencia como Alcalde de Luís Aragunde era tal que contestaba as preguntas dos plenos dos meses despois de facerllas. Cantas veces a actual alcaldesa Fatima Abal tivo que acudir os xulgados para que Luís Aragunde lle entregara a documentación que se lle solicitaba incluso chegou a ser multado por elo. Cantas veces o Secretario do concello foi desautorizado por Luís Aragunde cando lle dicía os concelleiros da oposición que non había problema para ver un expediente e viña Aragunde por detrás e dicíalle que diso nada.  En fin hai que ser cínico para facer as declaracións que fai despois das practicas opacas que el practicaba como Alcalde. Que morro Luís, si tiveras un pouco de vergoña volvías para a Lonxa e regresas os cen días de cortesía que mandas os canóns.