29 de xuño de 2015

UNHA PÁXINA DE FACEBOOK AFIN A DEREITA CAMBADESA DENIGRA A IMAXE DE SAN BENITO

ALGUNHA CANDIDATA DA LISTA POPULAR E CATÓLICA CONVENCIDA, DÁLLE A “ME GUSTA” A DENIGRANTE FOTO
“Así é Cambados” é a bazofia que está a
usar a dereita cambadesa para denigrar a un goberno democrático saído das urnas que non leva nin dous días gobernando. Insultan, ameazan, difaman,  usan os
seus rotwaillers para ferir e causar dano aos que opinan democraticamente, pero o colmo do desvergoña é o uso "torticeiro" da imaxe da San Benito. É curioso que unha paxina onde pululan católicos fundamentalistas déanlle o visto e prace a tan magno atentado ao bo gusta e a educación. Moita xente afín a partido da dereita estase a lamentar de tal atentado ao bo gusto. Nunca, ningún blog afín a esquerda atreveuse a facer tal desvergoña. Non terán temas de abondo para criticar o cuadripartito sen usar esa imaxe.
A TRANSGRESORA UNHA GRANDE CHEA NUNCA SE ATREVEU CON SAN BENITO.
Nin tan sequera a comparsa "carnavaleira" mais transgresora da historia de Cambados UNHA GRANDE CHEA foi capaz nunca de mofarse da imaxe de San Benito, en mais dunha ocasión tratouse o tema e incluso un ano que foron de danzantes de Cobas falouse tamén de sacar a San Benito, pero por respecto de moita xente que nos seguía  que tiña en San Benito o seu santo mais milagreiro,   botouse atrás a idea.
QUEN ESTA DETRÁS DESTA PAXINA?
Nun artigo publicado hoxe mesmo neste blog polo articulista e cinéfilo Oscar Manuel Núñez baixo o titulo “BIRDMAN, OU A INESPERADA VIRTUDE DA IGNORANCIA” di moi claramente “…resulta que abro o seu Blog, leo aos seus ex asesores que se ocultan en Internet baixo perfís falsos (algo covarde e mesquiño)…”.  Nos non sabemos se Oscar  vai mal ou ben  encamiñado , falase de xente que agora ten moito tempo libre,  falase dun coñecido por unha famosa prenda de vestir, falase dun “xuntaletras” que escribía e escribe moi ben e de un dos cachorros do partido que todos sabedes , que como boi ben di Oscar agóchanse baixo o anonimato porque non teñen valor a facelo publicamente como fan os blogs progresistas.
D. José (Faro de Vigo)
E DON JOSE QUE OPINA DE TODO ISTO?
Que opinará o párroco D. José Aldado de todo isto, se ve como algunha portadora e directiva da venerada imaxe da Virxe das Angustias dálle a “me gusta” tan vil atentado contra a súa relixión, que pensara D. José que se use o santo mais venerado en Cambados e un símbolo para os trianeros con estes fins tan rastreiros, estamos seguros que os seus oídos vanlle chegar e evidentemente a cousa non lle vai gustar.  A deus rogando e co mazo dando, é a relixión que practican algúns.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN
Claro que estamos a favor da liberdade de expresión, estamos a prol de crítica non ía a ser menos se queredes ácida e mordaz, este blog lévao facendo varios anos pero nunca nos imaxinamos que iamos chegar a tales extremos. A liberdade de expresión ten un límete, os tribunais e mais onde empeza a liberdade dos outros. Que opinaría algunha se colleramos a imaxe da Virxe das Angustias e fixeramos o mesmo, tamén lle daría “me gusta” ao retrato ou ia coller un enfado  dos que marcan época. 
Se fora o administrador deste blog o que fixera tal monumento ao mal gusto estamos seguros de que iamos ser tratados pouco menos que de terroristas. Algúns católicos fundamentalistas parece que lle teñen mais devoción a certo personaxe que ao propio San Benito. Isto chamase “vacilar aos cambadeses” e non as chorradas que di Luís Aragunde hoxe na prensa,  concretamente no Faro de Vigo.

Ningún comentario: