23 de xuño de 2015

O VINDEIRO VENRES IMPRESIONANTE ELENCO DE PROFESIONAIS PARA FALAR DO AME EN CAMBADOS

O 12 DE XULLO FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DO AME
O vindeiro venres 26 de Xuño a partir das 19.30 horas en Exposalnés, terá lugar  unha charla que leva por titulo “Coñecendo o AME”, e será impartida polos seguintes facultativos: 
Dr. José Maria Fernández , neurólogo, neurofisiologo, ex xefe do servizo de neurofisioloxia clinica do Chuvi, consultor do
Centro Médico de Pontevedra e do hospital Quirón de A Coruña. O titulo da súa charla vai ser: “Atrofias musculares espinais, clínica, clasificación e diagnostico.
Dra. Carmen Navarro, Neuropatóloga, ex xefe do Servizo de Anatomía, Patoloxía do Chuvi, Emérito Clínico. Titulo da súa charla: Neuropatoloxía e xenética.
Dra. Lara de Saa Iglesias, fisioterapeuta, infantil do centro de Pautas, especializada en neuroloxía, O titulo da súa charla será: beneficios da fisioterapia nas atrofias musculares espinais.
E por último disertará a Dra. Natalia Portas : Logopeda do
Centro Pautas, especialista en motricidade orofacial. O titulo da súa charla será “Apartacións da Logopedia e tratamento das atrofias musculares espinais.
Colaboran Asem Galicia, concello de Cambados Relojeria Fariña de Cambados.
O 12 DE XULLO FESTIVAL SOLIDARIO A PROL DO AME
O Domingo doce de xullo no Praza do Concello, a Comisión de Festas Santa Mariña de Cambados, terá lugar un magno festival  a prol do AME, tralo cal a comisión, vai tratar de reunir dacións , ben sexa artigos, descontos, ofertas,  para sortear entre todos os asistentes ao evento e cuxa recadación ira destinada a investigación do AME, Todos aqueles que queiran colaborar ou queiran mais información que se poñan en contacto a través de comision@santamariña.es ou chamando os teléfonos 676980093 e 609827408.

Ningún comentario: