23 de xuño de 2015

UN FILM NO QUE TRABALLA O CAMBADÉS MATIAS VARELA.

Foto: Diario de Arousa.
"POINT BREAK", PÓSTER EN CASTELÁN E ESTREO EN 2016
Tripictures libera o cartel oficial en castelán de Point Break (Sin límites), remake da cinta de acción de 1991 coñecida en España co nome 'Le llaman Bodhi' e cuxo estreo está previsto
para xaneiro de 2016.
Ao final da noticia atoparedes o póster da película protagonizada por Luke Bracey e Édgar Ramírez, actores que toman a substitución de Keanu Reeves e Patrick Swayze nos papeis de Johnny Utah e Bodhi.
Parece ser que Point Break (Sen límites) non será outro deses remake innecesarios, xa que polo visto fai unhas semanas no seu primeiro tráiler, a cinta de acción dirixida por Ericson Core (Invencible) só manterá intacto da historia orixinal o nome dos dous protagonistas, Johnny Utah e Bodhi. Con guion de Kurt Wimmer, a película promete unha boa dose de adrenalina a través dos planos e secuencias que mostren os deportes de risco e os atracos que levan a cabo a banda liderada por Bodhi. A continuación deixámosvos coa sinopsis oficial.
Un novo axente do FBI , Johnny Utah (Luke Bracey), se infiltra nun equipo de atletas de élite, liderado polo carismático Bodhi (Édgar Ramírez). Os atletas son sospeitosos de levar a cabo unha serie de crimes de forma extremadamente inusual. Infiltrado no grupo de forma encuberta e arriscando a súa vida a cada pouco, Utah
esfórzase por demostrar que son os artífices dunha cadea de crimes inconcibibles.
O resto do reparto estará completado por Teresa Palmer (Memorias dun zombie adolescente e O aprendiz de brujo), Ray Winstone (Infiltrados e A invención de Hugo), Delroy Lindo (O único e Romeo debe morrer), Tobias Santelmann (Hércules e Kon-Tiki), Bojesse Christopher (Vidas condenadas e A resurrección do mal), Numan Acar (Pai á forza e Kebab Connection), o cambadés-suecoMatias Varela (Diñeiro fácil e Storm) e Nikolai Kinski (Aeon Flux e Tortilla Soup) entre outros.


Ningún comentario: