QUE O DIA INTERNACIONAL DO ORGULLO ONDEE NO CONCELLO A BANDEIRA ARCO IRIS.
A recentemente nomeada alcaldesa de Cambados, Fátima Abal e o seu equipo de goberno teñen unha oportunidade de ouro para mostrar aos seus votantes que son o verdadeiro cambio e que o municipio achégase ao S.XXI.
O día 28 de xuño de cada ano celébrase o Día Internacional do Orgullo LGBT, para conmemorar os disturbios que tiveron este día do ano en 1969 no bar Stonewall Inn de Nova York.
Desde o portal de Facebook “CAMBADOS NOTICIAS” ao que pertence ALZA LA VOZ CAMBADOS, CORES DE CAMBADOS e este blog solicítalle ao cuadripartito que sexa colocada a bandeira do arcoíris na localidade por primeira vez na historia. O Concello de Cambados nunca mostrou o seu respaldo a un colectivo que durante anos foi excluído da sociedade e o novo goberno ten a oportunidade de mostrar que estamos ante un tempo novo.
Este ano España está de celebración xa que se cumpren 10 anos desde a aprobación da lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
“Non estamos legislando, Señorías, para xentes remotas e estrañas. Estamos ampliando as oportunidades de felicidade para os nosos veciños, para os nosos compañeiros de
traballo, para os nosos amigos e para os nosos familiares, e á vez estamos construíndo un país máis decente, porque unha sociedade decente é aquela que non humilla aos seus membros” estas son as palabras que utilizou o Presente Jose Luís Rodríguez Zapatero o día da aprobación da lei.
traballo, para os nosos amigos e para os nosos familiares, e á vez estamos construíndo un país máis decente, porque unha sociedade decente é aquela que non humilla aos seus membros” estas son as palabras que utilizou o Presente Jose Luís Rodríguez Zapatero o día da aprobación da lei.
Significado das cores
Cada un dos sete colorees da bandeira ten o seu propio significado. O vermello representa a vida. O laranxa, a saúde. O amarelo, a luz do Sol. O verde, a natureza. O turquesa, a maxia ou a arte. O azul, a serenidade. E o violeta, o espírito. Na bandeira orixinal, de 1978, había unha cor máis, o rosa, que significaba a sexualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario