24 de xuño de 2015

O PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑANS NON É UN ASUNTO VITAL PARA CAMBADOS.

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE NON  CERREN  AO TRAFICO A PRAZA
A peonalización da Praza de Fefiñans, sendo un tema importante  non é un
tema vital para Cambados. O BNG de Cambados segundo a Voz de Galicia de hoxe “defende a ultranza o peche do tráfico
da praza”, e ainda que non trascendeu polo de agora nada da reunión do pasado luns no que “o parecer” pecheouse o pacto, segundo o publicado  polo de agora no prensa,  e para o BNG parece que non hai nada mais importante que o peche ao tráfico da Praza de Fefiñans. Esta blog e o seu administrador estan a favor da peonalización
da praza de Fefiñans pero tamén está a favor de que os que se interesan por pechar a praza ao tráfico, concelleiros do BNG,  deberian falar cos  industriais hostaleiros que  presuntamente están en contra  do peche ao tráfico da praza e así o expresaron tanto nas redes sociais como na prensa, para non xenerar un conflicto nada máis chegar ao goberno.
Nos creemos que hai asuntos mais urxentes no concello que o peche da praza ao tráfico, que repetimos sendo importante pode esperar, xa que sobre todo no vran a maioria do tempo a praza está pechada ao tráfico, e pode ser un tema a resolver
en setembro cando o goberno do cuadripartito esta xa en perfecto funcionameinto  sempre e cando o Bloque deixe de poñer "problemillas" para pactar. Sabemos que moitos dos seus votantes  estanlle a reprochar esta tardanza, e así no lo comunican tanto personalmente como por medios da rede,  en asinar uns pactos que o luns despois da elección do alcaldesa estaba practicamente feito segundo informaron varios medios de prensa.  A verdade é que non entendemos tanto misterio se todos os partidos que presuntamente pactaron eran partidarios da transparecencia, sobre todo o BNG. Teremos que esperar ata sábado para saber os soldos e as areas definitivamente.
RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE NON  PECHEN AO TRAFICO A PRAZA
No día de onte duas persoas que teñen negocios na Rua Real foron vistos recollendo sinaturas para que non se pechara  ao tráfico a praza de Fefiñans, unha delas é ao parecer  dun bar moi frecuentado por cargos populares. Parecer ser segundo nos contan que o éxito non foi total,  é mais,  disque foi un pequeno fracaso porque hai tamén varios comerciantes que están a prol do peche ao tráfico da praza, o que non sentou nada ben aos que recollian as sinaturas. Segundo nos contaron tamén parece ser  que un dos instigadores das sinaturas é directivo de Cambados Zona Centro.


Ningún comentario: