24 de xuño de 2015

“TEATRO NO GARAXE” ESCENIFICA UNHA OBRA DE PIRANDELLO

Foto: A Voz de Galicia
“ASI É , SE VOS PARECE” O VINDEIRO DOMINGO ÁS 21 HORAS.
“Teatro no garaxe” ten o pracer de invitarvos o vindeiro domingo as 21
horas no Auditorio de Cambados, a escenificación da Obra “Así é si vos parece”. A entrada é libre.
Teatro no garaxe fai unha versión da “Así é, se vos parece”
Foto: A Voz de Galicia.
que ven a ser   o título dunha obra de teatro popular do escritor italianio Luigi Pirandello, definida polo mesmo como unha "farsa filosófica", e realizada en 1917. Como ocorre na maior parte do seu teatro, o autor desenvolve a obra a partir dun relato. Neste caso a comedia está sacada do conto "A señora Frola e o Señor Ponza", o seu xenro. A obra trata o tema da verdade,

o contraste entre realidade e aparencia, entre verdadeiro e falso. Pirandello pon en crise a idea dunha realidade obxectiva que poida interpretarse de modo unívoco mediante os instrumentos da racionalidad.
O contexto histórico da obra e a ambientación están magistralmente matizados polo autor. Os feitos transcorren nunha pequena capital de provincia, o que permite ao autor reflectir as súas ideas sobre a sociedade pequeno burguesa, á que ve como unha gaiola, que impón unha vida miserable e frustante.
En canto aos personaxes, Pirandello colócaos nunha situación paradoxal para demostrar o contradictorio da existencia. Para o autor,o home, malia os seus esforzos, non logra penetrar ata o final do labirinto das aparencias, nin coñecer o que está encerrado nas formas das que é responsable e á vezprisionero.

Ningún comentario: