Penkito dandolle o premio ao gañador da edición anteripr Hadrián Fariña. |
O próximo 2 de agosto, Domingo do Albariño, o RIF-ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne FESTA DO BIGOTE na súa 7ª edición!
A continuación téde-las bases:
Coma tódolos anos, estiveron a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso para esta ocasión,
pero ao final decidiron facer un copia e pega dos anos anteriores, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 7ª FESTA DO BIGOTE:
pero ao final decidiron facer un copia e pega dos anos anteriores, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 7ª FESTA DO BIGOTE:
- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (domingo 2 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da media noite pois na madrugada do dia 3).
- Prégase a tódolos asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.
- O que non leve o mostacho posto acudirá unicamente baixo a súa responsabilidade.
- Este ano terán novamente tres categorías a concurso:
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.
Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
• todo pelo natural na cara do suxeito participante.
• valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
Categoría de BIGOTE FALSO:
• inclúense nesta categoría os mostachos falsos: pintados ou postizos, de calquer tipo.
• coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.
Categoría de Mellor DISFRAZ:
• roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.
- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK).
- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidan ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.
* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das
presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demais "percances", mellor que o traedes todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non se lembrán...
***o xurado non admitirá "sobornos" en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!
Se hai máis novas seguirán informando no blog dos RifRocKerZ ou na súa páxina de facebook.
Ningún comentario:
Publicar un comentario