|
Fatima Abal (Diario de Pontevedra) |
É IMPERIOSA A ELIMINACIÓN DA FESTA DESTE ENTE “POLÍTICO”.
O Capitulo Serenísimo queda definitivamente constituído para
desgraza dos cambadeses o 21 de Xullo de 1970. Este ente anacrónico , retrógrado e totalmente politizado ten que
|
Manuel Fraga, folla de ouro (PP) |
nomear por imperativo legal a Fátima Abal dona do Albariño , pois os estatutos do Capitulo Serenísimo converten a alcaldesa de Cambados en Copeira Maior do Salnés e polo tanto en Dona do Albariño, senón
|
Alvarez Cascos, Cabaleiro do Albariño PP |
fora así temos as nosas dúbidas que nomearan a Fátima para tal distinción.
Ate hai uns anos, o regulamento do Capítulo Serenísimo do Albariño establecía que a súa presidencia recaería no presidente do Goberno galego, fose da cor política que fose. Ah…pero chega o
|
Rafael Louzán, folla de Prata PP |
goberno do bipartito e sácanse da manga a nova lei de asociacións, e obrigou a cambiar as normas para que os asociados puidesen escoller ao seu máximo representante, e claro a quen
|
Eulogio Pomares, Xove Albariñense PP. |
escolleron?, pois a Manuel Fraga. Por unha razón ou outra, o certo é que Manuel Fraga ostentou o cargo desde que o Capítulo viu a luz ata que finou. No ano 2002 o condenado por varios delitos de corrupción Jaume Matas era nomeado Cabaleiro do Capitulo Serenísimo, ex ministro e ex-presidente da Comunidade Balear.Que nos coñezamos a día de hoxe Jaume Matas
|
Baltar, Albariñense de honra PP |
segue sendo Cabaleiro do Capitulo Serenísimo e o mesmo tempo corrupto, polo tanto un organismo que admite corruptos na seu seo é que presuntamente admite a corrupción. Fai uns días o secretario do Capitulo sácase da manga que Jaume Matas non é cabaleiro, xa que eles nomeaban
|
So falta que nomearan a Barcenas Cabaleiro. |
o cargo o sexa o ministro e non a persoa, feito que é totalmente falso, pois cada ano nomease a conselleiros da xunta de Galicia, cargos nomeados outros anos. Isto dixo o Secretario para saír do paso. Para mais proba que os nomeamentos dos cabaleiros son nominaís e así figuran nos arquivos do capitulo serenísimo, os nomes e non os cargos.
Aparte do Gran mestre que agora é Nuñez Feijoo, a Copeira Maior do Salnés que a partir do domingo do albariño será Fátima Abal, tamén están os cargos de Comendador que o ostenta o Presidente do Consello Regulador e o de Secretario que é ostentado polo vilagarciá Pedro Piñeiro.
É urxente a formación do padroado do Albariño e a separación deste organismo, repetimos retrógrado, anacrónico e político da Festa do Albariño.
Calculase nun 80 por cento os cargos políticos designados ate o de agora como follas de ouro, donas do Albariño, cabaleiros, follas de prata, “xoves” albariñense, e albariñense de honra polo capitulo serenísimo e de desa porcentaxe un alto número son políticos do PP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario