A REGATISTA CAMBADESA DO R.C.N. SANXENXO ASINOU UN ESPECTACULAR FINAL DE GRUPO OURO EN GALES
A regatista cambadesa Alba Trigo demostrou en augas de Pwllheli, Gales, que se trata dunha das máis ilusionantes promesas da vela arousana. Na súa primeira internacionalidade oficial con España, a moza deportista do Real Club Náutico Sanxenxo acaba de finalizar décima no
Campionato de Europa de Optimist.
Campionato de Europa de Optimist.
Trigo logrou superar as duras condicións das primeiras xornadas da cita continental, iniciada o pasado día 17, para acabar entre as 49 mellores ao término da fase de clasificación e pasar o corte de acceso ao Grupo Ouro. Xa nel a arousana non deixou de crecer, escalando 30 postos mercé a unha serie final na que compensou un 43.º cun sexto, un décimo e un triunfo nas última manga.
A actuación de Alba Trigo redondeou o brillante balance do equipo feminino español, coa valenciana Julia Miñana alzándose co título europeo, e Alicia Frass quinta na xeral final.
Nova recollida de A voz de Galicia.
Fotos: Pontevedra Viva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario