24 de xul. de 2015

O PRIMEIRO PLENO DE CAMBADOS RECLAMARÁ A SEDE DO CONSELLO REGULADOR RÍAS BAIXAS PARA CAMBADOS

VEREMOS O QUE VOTAN OS DO PP, POIS O GRAN CULPABLE DE QUE O CONSELLO REGULADOR NON ESTEA EN CAMBADOS, É TOURIS
A corporación municipal de Cambados celebrará o vindeiro martes o primeiro pleno ordinario da nova lexislatura con
dúas reclamacións por parte do grupo de goberno.
A primeira, presentada por Somos Cambados, solicita ó pleno da corporación "reclamar ante o Consello Regulador Rías Baixas a ubicación da súa sede no Pazo de Torrado", acompañado "dunha
campaña informativa entre a cidadanía cambadesa e os distintos colectivos sociais sobre as vantaxes de ubicar a sede do Consello Regulador “Rías Baixas” en Cambados.
A moción que defenderá ante o pleno o concelleiro Tino Cordal argumenta como razóns para que
Cambados ostente a sede o Consello Regulador que o nome da vila vai asociado ó viño Albariño dende principios do século pasado, e que "dende hai máis de 60 anos Cambados celebra o principal acontecemento de promoción deste viño, sen a que non sería posible falar do
que representa o sector do Albariño na actualidade.
Ademáis, actualmente, expón a moción, "o 75 % dos viticultores da Denominación de Orixe “Rías Baixas” son veciños do Salnés e máis do 60 % do viño prodúcese na nosa comarca".
Sen embargo, explica Tino Cordal, "en outubro de 2003, nunha desacertada e incoherente decisión, acordouse levar a sede do Consello Regulador a Pontevedra, a pesar de non estar incluída esta cidade na Denominación de Orixe “Rías Baixas”, o que constitúe un feito insólito nas 70 Denominacións de Orixe existentes".
É unha incognita o que vai votar o PP, obviamente ten tres opcións:
a) apoia a moción, e deixaria co cu aire o seu gran valedor Touris.
b) Votar en contra e entón o PP quedaria a altura do chan.
c) absterse, co cal  amosaria que Cambados lle inporta un “pito”.
A ver como sale deste brete o ínclito Aragunde.

ORDE DO DIA

1°.- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN  CELEBRADA O DÍA 30.06.2015.-
2º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO 2/2015.-
3º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 2/2015.-
4º.- MODIFICACIÓN DA BASE XVIII DE EXECUCIÓN ORZAMENTARIA PARA INCREMENTO DAS PORCENTAXES DE DUBIDOSO COBRO.-
5º.- DAR CONTA DO INFORME DA INTERVENCIÓN MUNICIPAL SOBRE AS RESOLUCIÓNS ADOPTADAS POLO PRESIDENTE DA ENTIDADE LOCAL CONTRARIAS ÓS REPAROS EFECTUADOS E DAS PRINCIPAIS ANOMALÍAS DETECTADAS EN MATERIA DE INGRESOS DURANTE O EXERCICIO 2014.-
6º.- DAR CONTADOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE MOROSIDADE.-
7º.- SOLICITUD E, SE PROCEDE, DA SUSPENSIÓN DEFINITIVA DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA COMPORTA DE REGULACIÓN DE MAREAS NO SACO DE FEFIÑÁNS.-
8º.- REALIZACIÓN, SE PROCEDE, DE CAMPAÑA INFORMATIVA E  RECLAMACIÓN ANTE O CONSELLO REGULADOR "RÍAS BAIXAS" DA UBICACIÓN DA SÚA SEDE NO PAZO DE TORRADO.-
9º.- DAR CONTADAS RESOLUCIÓNS DICTADAS POLA ALCALDÍA.-
10º.- CONTESTACIÓN A PREGUNTAS FORMULADAS.-
11º.- ROGOS E PREGUNTAS.-

Nova recollida de Arousa si Radio Salnés e concello de Cambados.

Ningún comentario: