PUBLICA O COMUNICACIÓN DE PORTOS AO CONCELLO DE CAMBADOS DENEGANDO O ESPAZO PARA A “OPEN AIR FESTA DANCE 2014”
A páxina web do Concello de Cambados, acaba de deixar como dous verdadeiros mentireiros tanto a Luis Aragunde como a Juan José Durán, feito por outra banda que non lle
extraña a ninguén.
extraña a ninguén.
Dende o concello de Cambados fan publico a denegación por parte do ente Portos de Galicia para a realización do Evento “Maxima Open Air by Pepsi Max” da edición do 2014 en Cambados no peirao de Tragove, motivo polo cal este evento foi trasladado as inmediacións da zona do Pombal, neste ano polo actual goberno.
O oficio en cuestión dirixido ao CONCELLO DE CAMBADOS di o seguinte:
"""ASUNTO: AUTORIZACIÓN PARA A OCUPACIÓN DA SUPERFICIE DESCUBERTA NO PORTO DE TRAGOVE CON DESTINO A REALIZACIÓN DO EVENTO “OPEN AIR FESTADANCE…EDICIÓN 2014.
En relación a súa solicitude recibida en data 02.07.14 para levar a cabo a ocupación referente ao asunto, esta Xefatura de Zona, ACORDA DESESTIMAR a mesma por
non axustarse as actividades previstas ás permitdas pola Vixente limitación dos Espazos e Usos Portuarios no porto de Cambados-Tragove-
non axustarse as actividades previstas ás permitdas pola Vixente limitación dos Espazos e Usos Portuarios no porto de Cambados-Tragove-
Contra este acordo, que no esgota a vía administrativa, podrá interpoñer recurso de alzada ante o Iltmo. Sr,. Presidente do Ente Portos de Galicia no prazo de UN MES (1), contado dende o día seguinte ao da recepción da presente notificación, ao abeiro do disposto na Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xuridico de Administracións Publicas e Procedimento administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 de 12 de Axeneiro.
Pontevedra 5 de xullo de 2014
Asina: O PRESIDENTE XEFE DA ZONA SUR DE PORTOS DE GALICIA."""
Ben, despois desta demostración palmaria que se seguia un expediente no concello , senon non te informarian do recurso, todos sabemos ou debemos coñecer quen estiveron enganando a este pobo durante moitos anos: Luis Aragunde e Juan José Durán. ¡¡¡MENTIREIROS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario