15 de xul. de 2015

O ALCALDE DE MEIS ESQUECEUSE DO ARMENTEIRA

FOI CATRO ANOS VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E NON FOI CAPAZ DE CONSEGUIR UN CAMPO DIGNO PARA ESTE EQUIPO.
José Luis Pérez, desgrazadamente alcalde  de Meis para os meisinos, foi durante catro  anos vicepresidente da
Deputación de Pontevedra, organismo que baixo a presidencia de Louzán repartiu campos de futbol de herva de forma caprichosa e desproporcionada. José Luis, que acadou a maioria absoluta nesta ocasión polos pelos,  non
atendeu como debia a unha das parroquias mais importantes da súa vila, a Armenteira.
Dalí é o club de futbol que leva ese nome que ten unha gran escola de futbol e que ten que practicar este deporte nun campo totalmente tercermundista. Os meisinos da Armenteira teñenlle que agreder a José Luis Pérez, a sua inoperancia, a súa incompetencia e o seu abandono cara a este club.
Pero este club ten unha directiva excepcional que está a loitar con uñas a dentes para que lle consiguan un campo como
Deus manda e nestes días unha expedición da entidade visitaron os estudios de Arousa Siradio, van camiño de ter máis de 80 rapaces o seu cargo, pero tendo unhas instalacións indignas, fai tempo que ninguén atende as suas lexítimas peticións, e quixeron ser escoitados, #ArousaDeportesdoulles voz nos Directos de Arousa Siradio. A pelota está agora no tellado das entidades competentes. 

Ningún comentario: