27 de xul. de 2015

AS NOVAS POLITICAS DO GOBERNO CAMBADÉS INCREMENTAN ENCINCO MIL EUROS AS BECAS PARA OS NOSOS FILLOS

PESE A PRECARIA SITUACIÓN ECONÓMICA QUE DEIXOU O PP.
O goberno local cambadés elevará a 12.000 euros a partida ao apoio aos estudantes.
O goberno de Cambados decidiu incrementar a partida que se destina ás bolsas para os estudantes. Segundo informa o concelleiro de Educación, Víctor Caamaño, a última xunta de goberno deu o visto bo ás bases da convocatoria e ao importe que se repartirá. Toda a información será publicada no Boletín da Provincia e na web municipal, isto
(Diario de Arousa)
chámase TRANSPARENCIA.
As axudas están destinadas a cubrir as necesidades de material escolar ou libros de textos daquelas familias que teñan fillos cursando calquera curso do ensino obligatoria, sexa de primaria ou secundaria. Serán repartidas en función dos seus ingresos. Os interesados poden obter máis información na concellalía
de Educación, aínda que esta tamén será enviada a asociacións de pais e colexios.
O goberno quere destacar que «a pesar dá precaria situación económica que o PP ven de deixar ao noso concello», explica, a partida para estas axudas incrementarase en 5.000 euros, dos 7.000 que había inicialmente ata os 12.000 euros.
O unico que lle decimos ao novo goberno  é que teñan coidado coa documentación que se presenta, porque hai moito "listillo" en Cambados.
Nova recollida de “A Voz de Galicia”.

Ningún comentario: