27 de xul. de 2015

A PAXINA DE FACEBOOK AFÍN AOS POPULARES CAMBADESES, RECOMENDA MARCHAR DE CAMBADOS NO ALBARIÑO

HOSTALEIROS DE CAMBADOS MOLESTOS CON ESTAS RECOMENDACIÓNS
A rabia, a impotencia, o malestar a xenreira , a inquiña da extrema dereita cambadesa e da páxina de facebook afín aos populares cambadeses esta a causar bastante molestar en diversos
círculos cambadeses, primeiro foi a nivel relixioso coa denigración da imaxe de San Benito apoiada por unha candidata que ía na lista popular e agora son os hostaleiros os que se senten molestos xa que a paxina de facebook afín aos populares, recomenda marchar de Cambados na principal festa do noso pobo e na que os hostaleiros  poden facer os seus cartos e así poder
sobrevivir parte do inverno. É tal a rabia destes energúmenos administradores desta páxina que non dubidan en difamar, mentir, teatralizar a vida cambadesa, chegan ata o extremo de baldeirar papeleiras a determinadas horas, sacar fotos e colgalas na páxina dicindo  o "sucio" que está o noso pobo,  sacar fotos de madrugada nunha festa e dicir que o noso pobo está sen limpar denigrando así a imaxe dos limpadores municipais, publicar que estamos infectos de ratas (en realidade as ratas saíron o 24 do concello e algunha
é verdade que anda solta) ou  calumniar a certas persoas  dicindo que os seus vehículos están mal aparcados cando en realidade os coches non son destas persoas.  Pero como diciamos a última é de traca, recomendar a xente que non visite a nosa festa mais senlleira tanto dende o nivel afectivo como económico como é
As ratas marcharon do concello o 24 de maio e levaron
varios ordenadores, cámaras de fotos e  móbiles.
o Albariño. Ogallá que estes elementos, dirixidos por dous cesados asesores  , un edil e un blogger fracasado, efectivamente cumpren as súas ameazas e marchen do noso pobo,  non só no Albariño senón  para sempre porque son a escoira da nosa sociedade. Os demais , os que levabamos 28 anos perdendo eleccións xamais se nos ocorreu  denigrar a nosa gran festa, todo o contraria publicabamos os programas  nos nosos blogs e participamos nela activamente, e promocionabamos a mesma , agás o capítulo serenísimo que como como ben  dicía moi ben Maribel Iglesias nun artigo son muxicas da época feudal. Saber ganar e moi importante poro mais importante é saber perder, e algúns polo que se ve non teñen nin a menor idea.
Nos recomendamos todo o contrario que estes “cafres” da politico e  invitamos a todo mundo que visite Cambados nesta homenaxe a alegria que é a festa do albariño e invitamos tamén a que participedes no xantar do Albariño que custa 40 euros e cun excelente menú.


1 comentario:

Unknown dixo...

Por desgracia algunos nos tenemos que ir de nuetras casas, ya que es imposible dormir por causa del ruido de las barras instaladas en el exterior de los bares y pubs, fiesta si pero respectando a los vecinos.