HOSTALEIROS DE CAMBADOS MOLESTOS CON ESTAS RECOMENDACIÓNS
A rabia, a impotencia, o malestar a xenreira , a inquiña da extrema dereita cambadesa e da páxina de facebook afín aos populares cambadeses esta a causar bastante molestar en diversos
círculos cambadeses, primeiro foi a nivel relixioso coa denigración da imaxe de San Benito apoiada por unha candidata que ía na lista popular e agora son os hostaleiros os que se senten molestos xa que a paxina de facebook afín aos populares, recomenda marchar de Cambados na principal festa do noso pobo e na que os hostaleiros poden facer os seus cartos e así poder sobrevivir parte do inverno. É tal a rabia destes energúmenos administradores desta páxina que non dubidan en difamar, mentir, teatralizar a vida cambadesa, chegan ata o extremo de baldeirar papeleiras a determinadas horas, sacar fotos e colgalas na páxina dicindo o "sucio" que está o noso pobo, sacar fotos de madrugada nunha festa e dicir que o noso pobo está sen limpar denigrando así a imaxe dos limpadores municipais, publicar que estamos infectos de ratas (en realidade as ratas saíron o 24 do concello e algunha é verdade que anda solta) ou calumniar a certas persoas dicindo que os seus vehículos están mal aparcados cando en realidade os coches non son destas persoas. Pero como diciamos a última é de traca, recomendar a xente que non visite a nosa festa mais senlleira tanto dende o nivel afectivo como económico como é
o Albariño. Ogallá que estes elementos, dirixidos por dous cesados asesores , un edil e un blogger fracasado, efectivamente cumpren as súas ameazas e marchen do noso pobo, non só no Albariño senón para sempre porque son a escoira da nosa sociedade. Os demais , os que levabamos 28 anos perdendo eleccións xamais se nos ocorreu denigrar a nosa gran festa, todo o contraria publicabamos os programas nos nosos blogs e participamos nela activamente, e promocionabamos a mesma , agás o capítulo serenísimo que como como ben dicía moi ben Maribel Iglesias nun artigo son muxicas da época feudal. Saber ganar e moi importante poro mais importante é saber perder, e algúns polo que se ve non teñen nin a menor idea.
círculos cambadeses, primeiro foi a nivel relixioso coa denigración da imaxe de San Benito apoiada por unha candidata que ía na lista popular e agora son os hostaleiros os que se senten molestos xa que a paxina de facebook afín aos populares, recomenda marchar de Cambados na principal festa do noso pobo e na que os hostaleiros poden facer os seus cartos e así poder sobrevivir parte do inverno. É tal a rabia destes energúmenos administradores desta páxina que non dubidan en difamar, mentir, teatralizar a vida cambadesa, chegan ata o extremo de baldeirar papeleiras a determinadas horas, sacar fotos e colgalas na páxina dicindo o "sucio" que está o noso pobo, sacar fotos de madrugada nunha festa e dicir que o noso pobo está sen limpar denigrando así a imaxe dos limpadores municipais, publicar que estamos infectos de ratas (en realidade as ratas saíron o 24 do concello e algunha é verdade que anda solta) ou calumniar a certas persoas dicindo que os seus vehículos están mal aparcados cando en realidade os coches non son destas persoas. Pero como diciamos a última é de traca, recomendar a xente que non visite a nosa festa mais senlleira tanto dende o nivel afectivo como económico como é
As ratas marcharon do concello o 24 de maio e levaron varios ordenadores, cámaras de fotos e móbiles. |
Nos recomendamos todo o contrario que estes “cafres” da politico e invitamos a todo mundo que visite Cambados nesta homenaxe a alegria que é a festa do albariño e invitamos tamén a que participedes no xantar do Albariño que custa 40 euros e cun excelente menú.
1 comentario:
Por desgracia algunos nos tenemos que ir de nuetras casas, ya que es imposible dormir por causa del ruido de las barras instaladas en el exterior de los bares y pubs, fiesta si pero respectando a los vecinos.
Publicar un comentario