27 de xul. de 2015

POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DE CAMBADOS O PREGÓN PODÉMOLO OÍR NA PRAZA DO CONCELLO E GRATIS.

O CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES PREPARA CON ILUSIÓN O SEU PREGÓN NA SÚA VILA NATAL.
Sempre foi o reivindicación tanto da extinta páxina de Unha Grande Chea como desta páxina, que o pregoeiro dende o concello nos lera o pregón a todos os cambadeses  e derá así
inicio a nosa festa por excelencia, a  festa de todas as festas para os cambadeses, O Albariño. Tivo que vir un goberno de progreso para que se derá conta de  que non todos os cambadeses podemos pagar 50 euros para oír un pregón que só se daba no xantar dos “enchufados” e dos “señoritos”. Este ano todos os cambadeses poderemos escoitar a un dos nosos veciños máis ilustres , o cineasta cambadés Juan Galiñanes, premio Mestre Mateo en dúas ocasións e nomeado aos Goya, o cal estamos seguros de que está a preparar o pregón cunha ilusión enorme e así no lo facia ver no seu facebook
con estas frases: “Pois sí, vou ler o pregón das festas do meu pobo e non podo estar máis contento.¡Viva Cambados e viva a Festa do Albariño”. A isto todo debemos  gritar “Vivaaaaaaaa”, os “cafres tamén.
O  pregón será as 13:00h do mércores 29 de xullo, na Casa do Concello, e o rematar o mesmo como procede será a inauguración da festa pola Alcaldesa Fátima Abal, ignoramos polo de agora as autoridades que van acudir, pero iso é o menos importante o importante é que vai ser a festa mais popular das derradeiras edicións da festa do Albariño.O pregón será retransmitido en directo por Radio Arousa de momento.

Ningún comentario: