28 de xul. de 2015

ESCANDALOSO O QUE ESTÁ A FACER CERTOS SECTORES DA DEREITA CAMBADESA CO NOSO POBO.

INDUSTRIAIS HOSTALEIROS CAMBADESES DENUNCIAN NESTE BLOG UNHA CAMPAÑA CONTRA CAMBADOS POR PARTE DE EX DIRIXENTES POLÍTICOS.
AXENCIAS DE VIAXES INTIMIDADAS POR ESTES ELEMENTOS PARA QUE ELIMINEN CAMBADOS DOS SEUS TOUR OPERADORES.
Lamentable, denigrante, ignominioso o que está a facer a dereita cambadesa  dende que as urnas falaron. A derradeira
que nos acabamos de coñecer por medios de varios industriais hostaleiros cambadeses é de "órdago", asegúrannos que altos cargos da formación que todos sabedes  están a falar con directivos de axencias de viaxes para que diminúan a afluencia de
turistas a Cambados e apoiados por certas paxinas vergoñentas de facebook na que se sustentan vexan que Cambados é un pobo no que a limpeza brila pola súa ausencia  e ven a ser un pobo que non vale a pena acudir. Ademais estanlle a dicir estes mesmo dirixentes que cobren
os turistas unha especie de canón cada vez que pisen Cambados como se está a facer en varios zonas de Cantabria e de Asturias, nesas zonas, cóntanos os hostaleiros, que hai concellos que lle pagan as axencias por levarlle turistas.
Estes datos fóronlle facilitados aos hostaleiros cambadeses por diversas axencias de viaxes. Entre os principais  promotores destas novas destacan un alto  ex dirixente dos da jaivota en Ribadumia e outro en activo de Oubiña. 
As Axencias de viaxes polo momento ven tan atractivo o noso pobo, e dada a perda de poder de
certos elementos que lle están a perder o medo e non viron factible acceder a esa ignominia e ao parecer, segundo estes hostaleiros dixéronlle que se negaban a facelo, a lo menos de momento e toda vez que os pobos do arredor carecen do interese monumental
que ten o noso, pero que  non nos estrañe aos cambadeses, continúan dicindo os hostaleiros, que calqueira día as axencias de viaxe cambien de destino.
Así vos explicadas que existan certas páxinas que se dedica a criticar duramente ao noso pobo, non é casualidade e toda unha estratexia montada dende a atalaia da dereita cambadesa. A dereita cambadesa está
tan resentida de perder o poder que están dispostos a facer calquerira cousa con tal de recuperalo incluído denigrar o seu propio pobo,  é o estamos vendo día a dia.
Dinnos os mesmos hostaleiros que non nos estrañe nada se da noite para a mañá as axencias de viaxe trocan os programas turísticas e eliminan a Cambados do mesmo , é un traballo que están a facer certos persoeiros.
Como vedes a nova é moi alarmante para a hostalería cambadesa, de feito hai algunhas axencias que son esquivas a este boicot a Cambados, porque en Cambados na hostalería hai moi bos profesionais, pero o que están a facer  certas persoas que dicían defender a Cambados é unha verdadeira ignominia.

Ningún comentario: