SEGUNDO FONTES SOLVENTES A DELEGACIÓN DA XUNTA EN PONTEVEDRA, AO PARECER, FINANCIARÁ OS GASTOS, POR MEDIACIÓN DE CORES TOURÍS.
Agora todos nos explicamos o pulso que o Capitulo Serenísimo, unha organización arcaica e feudal que non xera
nin un só euro, lle botou ao Concello de Cambados, parece ser que tiñan a palabra do todopoderoso Tourís para subvencionar os 20.000 euros que presuntamente lle facían falta para sufragar os gastos que xera o acto do investimento de donas e cabaleiros do Albariño. Parece ser que unha das condicións que poñía o superdelegado da xunta é que o nomeamento de Cabaleiros non sairá do Patio de armas do pazo de Fefiñans, en definitiva que non se “arrimara ao vulgo”, para que, entre outras cousas, todo seguira parecendo igual e que nada cambiaba. En principio o Capitulo alegaba razón de seguridade , pero despois de que o actual goberno lle dera garantías de que todo estaba controlado saíron coa peregrina idea de que podían ser “agredidos verbalmente”, como vedes absurdas escusas, porque o Capitulo sabia a priori que os 20.000 euros que lle facían falta para organizar tan trivial evento xa os tiñan ao parecer no peto. Polo que volvemos a insistir que este ente ten que ser inmediatamente apartado da festa do Albariño, por inútil e superfluo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario