16 de xul. de 2015

ASALTO Á COMISARÍA DO DISTRITO 13

UN ARTIGO DE OSCAR NUÑEZ
Un dos grandes directores do Cine Norteamericando é John Carpenter. Con este filme “setenteiro”  tódalas portas dos Estudos de Hollywood se lle abriron de par en par e deixou a súa pegada na Historia con filmes de culto que aínda veneran os cinéfilos de medio mundo, como La Cosa (The Thing), A Néboa
(The Fog)  e Starman, o Home das Estrelas.  En Cambados ao parecer polo que reflicten os medios de prensa escrita se produxo un “asalto” ás contas públicas  por parte do  anterior Alcalde Luis Aragunde que  gastou máis do 70 % do Presuposto Anual  en 5 meses e unha inxente resma de
facturas sen pagar. Era visto:  o 7 de Maio  de 2015 con motivo do relato do Pleno da Corporación en Cores de Cambados xa o adiantei  e  mágoa 
que se confirme tal extremo de forma oficial. Aqueles 400.000 euros de superávit dos que falaba Luis eran unha patraña deseñada xunto ao seu Teniente de Alcalde Juán José Cores para tentar manipular as cifras, o que se coñece no argot económico coma  “arquitectura contable”  unha vez nin mentaron a débeda viva (os créditos a corto e a longo prazo que se adebedan aos Bancos) nen a débeda comercial (as facturas rexistradas e sen pagar) ademáis de non dar conta do que realmente importa, que é a liquidación do Presuposto. 
A realidade é que o propio Alcalde non saíu na Prensa a desmentir o apuntado polo actual grupo de gobernó  en rolda de prensa e que se fixo eco  máis amplo  do que apuntamos no seu día, ao contrario: “Esto es lo que hay, ahora vas y lo pillas”. Víctor Caamaño, Primeiro Teniente de Alcalde acuñou o termo de “terra quemada” para debullar o actual escenario. Un Catedrático e home Culto coma Víctor coñece a Historia e
este termo é empregado polos Historiadores para tildar do que tal  fixeron os Rusos na II Guerra Mundial ante o avance do exército alemán: deixar un páramo tras deles, nen víveres, nen liñas de comunicación, nen nada de proveito. Na retirada  “morreron á miñoca” os soldados alemáns. Pos ben: aparte do de mentir que é sinónimo de Luis Aragunde,  o actual goberno ten a tarefa de poñer en orde as Contas e xestionar con moito tino os  poucos “víveres” que deixou o PP, e a min non me importaría o que organizou Luis se fora a súa casa o Concello porén  resulta que é a casa de tódolos
veciños e veciñas de Cambados e deixaron a un gato ao cargo dunha piscifactoría.  Da a vida que temos unha xente preparada  que xa está dando os pasos para osixenar esto, o que sempre ocorre cando a dereita deixa un goberno, ten que voltala esquerda para rescatalo. Os reféns de Luis son os veciños pero tanto lle ten; xa lisca para Pontevedra para alí presuntamente andar na percura das “musas”. Virá o derradeiro xoves de cada mes ao Pleno a contarnos cousas que non son verdade, a poñer tódalas trabas do mundo a Fátima Abal.  A cousa está que arde e isto non fixo máis que comezar: un cigarrillo e lume por favor.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-

Ningún comentario: